Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo vén de convocar a segunda edición do concurso fotográfico ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2018, coas mellores imaxes dos lugares preferidos da localidade.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, precisan que, polo tanto, o obxectivo será elixir doce fotografías, unha por cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal de 2018.
As bases deste concurso, que contou cunha moi boa acollida na súa primeira edición, establecen que pode participar todo aquel que o desexe; limitan o envío a un máximo de dúas fotos por persoa e establecen como prazo para remitir as instantáneas ata o luns 20 de novembro. As imaxes...
leer másA exposición fotográfica de CristianCarabali, que recolle imaxes de paisaxes da Mariña, chega no mes de outubro a Mondoñedo. A inauguración celebrarase este sábado, sete de outubro, na Sala de Exposicións do Centro Comarcal (Pazo de Santo Tomé), ás 17:00 horas.
Esta exposición, que suma a décimo primeira que o fotógrafo fai na comarca, poderá visitarse dende o sábado día sete ata o 31 de outubro, tanto en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas, como pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.
A mostra recolle imaxes de diferentes paisaxes da Mariña lucense e, no caso concreto de Mondoñedo, hai fotografías da Catedral e do Mosteiro dos Picos. Ademais, entre a imaxes seleccionadas para ser expostas na localidade tamén hai retratos que, segundo o autor, son atípicos, xa que responden a unha forma diferente de mostrar ás...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana, asinaron no Pazo de San Marcos, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 22 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.
Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo depromover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que...
leer másO Concello de Mondoñedo porá en marcha o proxecto “Cada neno un instrumento”, coordinado entre a Escola Municipal de Música “OPallarego” e o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, que ten como finalidade incentivar o interese pola música entre o alumnado en idades temperás, así como achegar o proxecto da Escola de Música aos nenos.
O edil de Educación, Alberto García, e a profesora da Escola de Música, Xulia Nogueira, presentaron esta mañá o proxecto, que botará a andar na cidade no mes de outubro, e que xa se está a desenvolver con éxito en Alemaña.
A través deste programa permítese que o nenos recibanno centro educativo, e de xeito gratuíto, clases dun mestre da Escola de Música.En concreto, no caso mindoniense, esta iniciativa dirixirase ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e consistirá en que, unha vez cada quince días,...
leer másO escritor e xornalista Miguel-Anxo Murado será o pregoeiro das Feiras e Festas da San Lucas 2017, segundo anunciou hoxe o presidente da asociación organizadora, Miguel Souto, quen puxo de manifesto “o orgullo que supón para nós que Miguel-Anxo Murado, unha persoa ligada dende a súa infancia a nosa cidade, aceptase o noso convite para pronunciar este ano o pregón das feiras máis antigas de Galicia”.
Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) é autor dunha obra que inclúe novelas, libros de relatos, poesía, teatro e ensaio. Entre os seus libros de ficción destacan Ruído ou O Soño da Febre, e entre os seus ensaios o volume Outra Idea de Galicia, unha reflexión sobre o país. Antigo correspondente do diario El Mundo en Oriente Medio, na actualidade é columnista e comentarista de política internacional en La Voz de Galicia e na prensa británica e...
leer másO grupo Medina Azahara actuará o sábado 21 de outubro na Praza da Catedral de Mondoñedo dentro da programación das Feiras e Festas das San Lucas 2017, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 22 de outubro. A partir das 23:00 horas, o mítico grupo, mundialmente coñecido e que levou o seu rock andaluz a diferentes sitios do mundo; traerá ata a localidade mindoniense o seu último álbum de estudio, Paraíso Prohibido.
Deste xeito, o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, avanza novo contido do programa das Festas e Feiras das San Lucas para esta anualidade. Neste senso, Souto engadiu que ademais da man de Medina Azahara, a música chegará ata a localidade a través das mellores orquestras de Galicia. No Campo da Alameda da cidade; o día 17, actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, Palladium e Satélites; o 19, New York e Miramar;...
leer másO Casino de Mondoñedo acolle este sábado, 16 de setembro, un concerto a cargo de Vapor da arte.
Este grupo, creado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro hai pouco máis de catro anos, ofrecerá un repertorio composto de grandes éxitos das décadas dos 70 e os 80 co que percorrerá diversos estilos que van dende o jazz ata o rock pasando pola bossa nova, o funk, o bolero e o pop.
O concerto dará comezo ás 20:00 horas e o prezo da entrada para os non soci@s é 3 de euros.
O Goberno local do Concello de Mondoñedo amplía este curso escolar as actividades da ludoteca municipal para contribuír na conciliación familiar. Con este obxectivo está a informar por carta a todos os veciños e veciñas con fillos para que poidan facer uso dos diferentes programas e das instalacións municipais.
As actividades que se ofertan están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados no colexio público e pretenden colaborar cos pais e nais que traballan ou que polas razón que sexa necesiten deixar aos seus fillos e fillas atendidos antes ou despois da xornada lectiva.
Trátase, en palabras da alcaldesa, a popular ElenaCandia, de “reforzar a oferta e poder axudarlles aos pais e nais para que a conciliación laboral e familiar sexa unha realidade no noso Concello”.
Programa de...
leer másA cidade de Mondoñedo celebra os días 8, 9, 10 e 11 de setembro as Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios que organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboraciónco Goberno local. Os festexos darán comezo o día 8 coa Festa da Xuventude a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.
O sábado será a quenda das actuacións musicais de Lecer e Montreal. O domingo a música correrá a cargo de Salsarena e Claxxon e o luns día 11 de Alma Latina.
O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, así como a actuación do coro mindoniense. Tamén haberá un partido de fútbol o domingo ás 18:00 horas entre o Mondoñedo F.C. e a S.D. Candelaria.
Presentación da Banda Municipal de Música Pascual Veiga...
leer másA Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a terceira edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 8 de setembro, a partir das once da noite e ata entrada a madrugada na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas. Estivo acompañado pola propia artista, xunto aos djs mindonienses, VítorPumariño e Alberto Leivas.
García avanzou que “esta edición a Festa da Xuventude conta de novo cun variado programa, no que tamén ten un especial protagonismo o alumnado da Escola de Música, que interpretará diferentes actuacións que están de moda no panorama musical actual”.
O cartel inclúe un ampla variedade de estilos e formacións, onde...
leer más