![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2017/current-datecustomm/rememondo2.jpg?itok=9_ucUZtB)
A cidade de Mondoñedo celebra os días 8, 9, 10 e 11 de setembro as Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios que organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboraciónco Goberno local. Os festexos darán comezo o día 8 coa Festa da Xuventude a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.
O sábado será a quenda das actuacións musicais de Lecer e Montreal. O domingo a música correrá a cargo de Salsarena e Claxxon e o luns día 11 de Alma Latina.
O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, así como a actuación do coro mindoniense. Tamén haberá un partido de fútbol o domingo ás 18:00 horas entre o Mondoñedo F.C. e a S.D. Candelaria.
Presentación da Banda Municipal de Música Pascual Veiga
Aproveitando esta celebración o domingo día 10 vaise presentar de forma oficial a Banda Municipal de Música de Mondoñedo, que leva por nome Pascual Veiga. A agrupación desfilará coas autoridades na procesión da patroa. Tamén se levará a cabo unha xornada de convivencia os días 7 e 8 das Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Mondoñedo. O venres ás 21:00 horas haberá un concerto conxunto na Praza da Catedral no que a Banda Municipal de Mondoñedo estará apadriñada pola Banda Sons e Soños.
O Concello de Mondoñedo será este ano o encargado da ofrenda que se celebra o domingo.