Mondoñedo
O Goberno local exporá na entrada do Concello, durante todo o mes de marzo, un mural no que destacan a contribución que varias mulleres tiveron coa localidade. Trátase do recoñecemento público á traxectoria de varias mulleres que destacaron na cidade tanto a través da súa vida persoal como laboral, así como polas achegas que fixeron e están a facer ao resto da sociedade.
Esta exposición inaugurase mañá, 8 de marzo, ás 12:00 horas, e permanecerá todo o mes de marzo, no Concello.
Na mostra figuran mulleres como Emma Valcarce, a primeira alcaldesa da cidade de Mondoñedo entre 1987 e 1995; Ánxeles Vázquez, xornalista e escritora galega; Antonia X.Santos, unha das primeiras fotógrafas galegas e fotógrafa do Carlismo de Mondoñedo; Alicia Tezanos, mestra da primeira escola nacional mixta de párvulos de Mondoñedo; e...
leer másO Sábado de Piñata haberá pasarrúas a partir das 12:00 horas, da comparsa invitada deste ano, Os Fandangueiros.
O desfile dará comezo ás 17:30 horas no Campo dos Paxariños e percorrerá a avenida San Lucas, Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso, Alfonso VII, Lodeiro Piñeiroa, Fray Antonio de Guevara, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral. A organización sinala como lugares preferentes para ver o desfile a Alameda dos Remedios, avenida San Lucas, O Cristo, Praza do Concello, Estatura Álvaro Cunqueiro e Praza da Catedral.
Os premios na categoría Adulto son: 425 euros para o primeiro das comparsas, 280€ o segundo, 180€ o terceiro, 150€ o cuarto e 100€ o quinto. O primeiro das charangas recibirá 300 euros e 200€ o segundo. Nos grupos de percusión e batucadas hai 200 euros para o primeiro e 100€ para o...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora co Instituto de Educación Secundaria San Rosendo e coa PlataformaComarca de Mondoñedo Unida na replantación da área recreativa e paisaxística A Fervenza, en Viloalle.
Tras a limpeza deste enclave paisaxístico por parte de voluntarios, repoboarase a localización con árbores autóctonas e paisaxísticas. Unha actuación que, segundo a organización, busca poñer en valor un dos enclaves máis fermosos e con gran atractivo medioambiental, paisaxístico e etnográfico da zona.
O esquema de plantación de A Fervenza e as árbores a empregar foi deseñado polo alumnado do departamento forestal A Granxa do Instituto San Rosendo, que procederán a realizar a colocación das árbores no marco dunha xornada na que colaboran as tres entidades (Concello, Instituto de Educación Secundaria e Plataforma Cidadá...
leer másO Goberno local de Mondoñedo presentou o cartel anunciador do Entroido 2017, que se celebrará o 4 de marzo. A artista da localidade, Irma Loureiro, foi a encargada de deseñar unha obra que inclúe elementos representativos da localidade, como son o rosetón ou unha torre da Catedral, así como a coroa do escudo.
O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, puxo en valor a necesidade de promocionar “os nosos artistas locais e contribuír a que todos o coñezan, de aí que optamos por encargar o deseño do cartel á pintora mindoniense”. Así, García quixo agradecer o “gran traballo” da artista, quen, de xeito anual, tamén é a encargada de deseñar as bases para a creación das alfombras florais que se confeccionan para Corpus. Ademais, Irma Loureiro expuxo por primeira vez a súa obra no Porriño, en Mondoñedo, “acadando un...
leer más
A alcaldesa, Elena Candia, acompañada dos deseñadores Manuel Pampillón e Remedios Espantoso; do estilista Óscar Novo e da cantante Lucía Pérez, anunciou os detalles da gala benéfica, denominada 'La Moda y Tú' que se celebrará na localidade mindoniense o próximo domingo, día 8 de xaneiro, a partir das 19:00 horas no Auditorio Pascual Veiga.
O evento organízase co obxecto de recadar fondos para a investigación sobre o cancro infantil. O recadado destinarase íntegro para a asociación Nico Contra el Cáncer Infantil. Nas últimas horas foi presentado o cartel do evento.
Este jueves, 29 de diciembre, tendrá lugar en el Casino de Mondoñedo una charla sobre el pintor Rafael de Urbino. Será pronunciada por Pedro Díaz, presidente del cabildo de la Catedral de Mondoñedo. La conferencia será a las 20:30 horas.
De esta forma se completa así el ciclo en el que en este año se han estudiado las obras de grandes figuras del Renacimiento italiano, como Leonardo da Vinci y Miguel Ángel.