Conferencia
O salón de conferencias do Concello de Burela acollerá a charla titulada “Educar na atención. Pautas para o traballo na casa. Será este martes, 7 de maio, ás 16:30 horas e estará impartida pola especialista en pedagoxía terapéutica e intervención familiar Carolina García Chico, de Comunícate Logopedia.
Esta charla está organizada por Educando en Familia coa colaboración do Concello de Burela.
A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza un novo vídeo faladoiro, titulado Un machado de hai 3000 anos nas Negradas (O Vicedo), que terá lugar este sábado, 9 de maio, ás 19:00 horas.
Ofrecerá esta conferencia o cariñés Lois Armada, arqueólogo que está a traballar pola recuperación e posta en valor do patrimonio inmemorial das bisbarras do Ortegal, A Mariña, a península ibérica en xeral e, incluso, alén dos Pirineos.
Lois Armada falará dun machado da Idade do Bronce que foi atopado por Federico Maciñeira no 1906, no lugar de Morgallón (Negradas-O Vicedo).
A actividade poderá seguirse a través do Jitsi Meet, onde se terá oportunidade de actuar directamente, previa anotación; ou en directo na canle de Youtube, o mesmo sábado.
Para...
leer másDesde Nordés Faladora sinalan: “Amigas e amigos de Nordés. Co obxectivo de que o illamento se nos faga a todas e todos máis levadeiro vimos presentarvos unha nova proposta que agardamos sexa do voso interese, pois a continuidade da mesma vai depender precisamente do seguimento que teña, de tal xeito que, se vai ben a cousa, a unha primeira seguirá unha segunda, e a esta unha terceira...etc, etc”.
Trátase dos Videofaladoiros de Nordés. “Unha iniciativa en forma de relatorios de curta duración feitos e transmitidos en directo pola aplicación “jitsi meet”, unha das máis sinxelas de empregar de todas as ofertadas, polo que non hai escusa para deixar pasar a oportunidade de conectarse o sábado 18 de abril ás 19:00 horas para escoitar a charla deXosé Lois González, titulada Os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña”, engaden desde Nordés....
leer más