Mondoñedo

Etiquetas:
12/05/2018

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o III Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’.

O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías,Alberto García, explica que este ano“gustaríanos repetir a alta participación das dúas primeiras edicións e, a ser posible, superala pero sabemos que non será doado xa que este concurso tivo moi boa acollida desde o principio, ademais porque Mondoñedo prestase a este tipo de propostas pola beleza do seu casco histórico”. “Un concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén...

leer más
Etiquetas:
09/05/2018

O Concello de Mondoñedo súmase á celebración do día de Europa a través da música. Con tal motivo terá lugar un concerto este mércores, 9 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Concello de Mondoñedo.

A Escola Municipal de Música de Mondoñedo xunto ao CEIP Álvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo e o Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, interpretarán o himno de Europa, o himno da Alegría, un dos catro símbolos oficiais da Unión Europea.

 

Etiquetas:
19/04/2018
O Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca unha nova edición dos premios de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome para novos creadores. 
 
En concreto, o Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro chega a súa sétima edición tras nacer coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores. Pola súa banda, o XIX Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores ten o afán de estimular a creación poética entre os mozos e mozas.
 
O prazo de admisión das obras en lingua galega para os dous concursos remata o 10 de setembro, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo presenten selo postal de orixe...
leer más
13/04/2018

O 28 de abril darán comezo As Quendas de Mondoñedo coa lectura do pregón a cargo de Ruth Chao, directora e produtora audiovisual premio Mestre Mateo. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

O 29 de abril celebrarase a I Xuntanza de Vespas, Lambrettas e Motos Clásicas. Haberá ademais unha exhibición hípica, con concurso de saltos, na Granxa, e ás 19:30 horas, no auditorio, actuará o grupo Daboapipa, a entrada será de balde. Tamén actuarán as orquestras PK2 e La Fórmula.

O 30 de abril ás 21:00 horas Xosé A. Touriñán presentará o seu Monólogo. Será no auditorio e o prezo da entrada a 5 euros. A música desa xornada correrá a cargo das orquestras Palladium e Claxxon.

O 1 de maio terá lugar a Feira de Gando e o Mercado de Produtos do campo galego. Ademais celebrarase a XXXV Festa da...

leer más
06/04/2018

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro participou na presentación do campionato provincial escolar de duatlón “Cidade de Mondoñedo” que se celebrará esta fin de semana na Cidade Episcopal e no que se agarda contar con ata 120 participantes. A cita terá lugar este sábado, a partir das 16.00 horas con percorrido entre as rúas Vilalba e Viñas da Veiga. 

Durante a presentación do campionato, estivo presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o concelleiro de Deportes, Manolo Tapia, o xefe provincial do servizo de Deportes, Manuel Otero, entre outros, acompañados do delegado territorial da Xunta.

Programa xogade
Esta iniciativa forma parte do programa Xogade, impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coas federacións deportivas...

leer más
06/04/2018

A orquestra Pascual Veiga da Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo ofrece este sábado, 7 de abril, o seu Concerto de Primavera.

A actuación terá lugar no Auditorio Municipal e dará comezo ás 20:30 horas.

Neste concerto interpretará dúas pezas a orquestra infantil, e a orquestra Pascual Veiga, dirixida por Xan Carballal, incluirá no seu repertorio as composicións Chegada da raíña de Saba de Handel, Tres danzas húngaras de Nelson, Oboe de Gabriel de Morricone e Andante concerto para dúas mandolinas de Vivaldi, entre outras.

 

04/04/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quere destacar “o esforzo e o traballo” dos organizadores da Toxiza Classic Xtreme, que este ano será amáis multitudinaria, e que se desenvolve esta fin de semana.  Ademais, este ano, como novidade, inclúe unha andaina solidaria,  que terá lugar o día 8, na que o fondos recadadosirán destinados á Asociación Síndrome de Fires. Para o domingo 9, quedará a carreira en si.

Elena Candia agradece á asociación que “pensasen no noso concello” para desenvolver esta importante cita deportiva que reunirá en Mondoñedo a numeros participantes e, ademais, permite dar a coñecer un contorno como o da Toxiza, que a rexedora local cualifica “de valor natural inigualable”.“Sen lugar a dúbidas, como alcaldesa, é unha satisfacción que a nosa localidade sea o epicentro desta proba que reunirá a participantes de distintos...

leer más
Etiquetas:
27/03/2018

O Círculo de Recreo de Mondoñedo organiza o 21 de abril un xantar-homenaxe a Isidro Otero García.

O evento celebrarase na finca San Antonio en Mondoñedo a partires das 14:30 horas.

O prezo por persoa é de 40 euros, incluído o agasallo, e o menú será servido por Mesón de Alberto.

A compra de tarxetas para asistir ao xantar pode facerse en La Alianza, O Rincón de Mondoñedo e A Taberna do Valeco. A data límite para a retirada de tarxetas é o 18 de abril.

 

23/03/2018

Este sábado, 24 de marzo, inaugúrase en Mondoñedo unha exposición de artistas que foron alumnos e alumnas do escultor Juan Puchades Quilis. O acto terá lugar, ás 19:00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo (antiga Casa Cuartel).

A mostra, organizada pola asociación cultural Tá en Artes, está composta por 49 obras de 17 artistas nos que figuran Alberto Pena, Alfonso Otero Regal, Alicia Puchades, Antón Caxoto, José Artiaga, Daniel Caxigueiro, Elsa Martínez Vázquez, Ernesto G. Torterolo, Manuel Tella, Mª Consuelo Fernández, Mauro Leivas, May Carro Cabaleiro, Melchor Maseda Rey, Miguel Alonso, Pablo Cid, Reme Espantoso e Xosé Vizoso.

Esta exposición permanecerá no Centro Comarcal de Mondoñedo ata o 15 de maio, conta coa edición de 500 catálogos onde por primeira vez se recompila a obra de Juan Puchades Quilis. O...

leer más
Etiquetas:
19/03/2018

O Concello de Mondoñedo organiza unha cea para o venres, 23 de marzo, dentro dos actos programados durante este mes con motivo da celebración do Mes das Mulleres arredor da data do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 deste mes.

A Cea das Mulleres terá lugar este venres ás 21:30 horas, no restaurante Padornelo. O menú está composto por arroz caldoso de marisco, tenreira asada con guarnición, postre, café, chupito e bebida. Haberá ademais baile e animación musical, e o prezo é de 22 euros.

As anotacións para asistir poden facerse ata o 21 de marzo nas oficinas de Servizos Sociais e do Centro de Información ás Mulleres.