Mondoñedo
29/08/2016
O Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, vén de convocar o V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro e o XVII Premio de Poesía Díaz Jácome.
Así o apuntou a alcaldesa, ElenaCandia, quen sinalou que “estos premios nacen coa finalidade de honrar a memoria dos escritores mindonienses Manuel Leiras Pulpeiro eJosé Díaz Jácome e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores”.
A rexedora avanzou que cada certame consta de tres premios: un primeiro de 1.500 euros; un segundo de 600 euros e o terceiro de 300. Os gañadores recibirán ademais unha...
leer más 27/08/2016
A Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a segunda edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 9 de setembro, a partir das 18 horas e ata entrada a madrugada, na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas.
García avanzou que “esta edición contará cos concertos de tres bandas de distintos estilos musicais e a actuacións de varios Djs de música electrónica”. O concelleiro precisou tamén que “coa festa da Xuventude se dan por iniciadas as festas patronais de Nosa Señora dos Remedios, que se...
leer más 26/08/2016
A triatleta Susana Rodríguez Gacio será a pregoeira das San Lucas 2016, as feiras máis antigas de Galicia que este ano celebran a súa 860 edición. A deportista, campioa mundial de paratriatlóne que compite nas paraolimpidas de Río, ten orixes mindonienses, en concreto da parroquia de Argomoso.
O presidente da asociación organizadora das feiras, Miguel Souto,considera que a atleta“é a mellor embaixadora que poden ter as nosas feiras e festas este ano. Un dos obxectivos que nos propoñemos dende a organización é o de dar a coñecer as feiras máis antigas de Galicia por todo o mundo e Susana vainas levar alén do Atlántico a esas terras ás que emigraron, tempos atrás, moitos galegos que aínda conservan na súa memoria As San Lucas”....
leer más 23/08/2016
"Los anuncios de nuestra vida" es el título de la conferencia que este miércoles, 24 de agosto, ofrecerá a partir de las 20:30 horas en el Casino de Mondoñedo, Fernando Montañés.
Autor de Una historia de la publicidad y el consumidor en España, Fernando Montañés es Doctor en Comunicación y profesor de publicidad en la Universidad Autónoma de Madrid y la Universidad Antonio Nebrija.
En esta conferencia, organizada por el Círculo de Recreo de Mondoñedo, se hará un repaso a la historia reciente de España a través de la publicidad.
05/08/2016
O vindeiro mércores, 10 de agosto, actuará no Casino de Mondoñedo o grupo de música folk celta Sons do Ermo.
A entrada será gratis para os socios e socias e custará 5 euros para o resto do público.
O concerto dará comezo ás 22 horas.
19/07/2016
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou na presentación do cartel e do programa da XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.
A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. Candia destacou, de xeito especial, o apoio prestado pola ANPA do colexio e da Escola de Música Municipal.
... leer más 18/07/2016
O 25 de xullo celebrarase en Mondoñedo o Mercado das Carmiñas 2016, que se inaugurará ás 10 da mañá na praza da Catedral. E ás 12:00 horas haberá demostración de tallado en pedra a cargo de Fernando Vilariño.
Neste Mercado das Carmiñas terá lugar a Festa da Ensalada que comezará ás 13:00 horas na praza do Concello. Haberá concurso e premio para as tres mellores. Nos locais de hostalería da localidade e na propia praza do Concello poderán degustarse as ensaladas feitas con produtos típicos da horta mindoniense.
Ás 14:00 horas na praza do Concello, actuará Son de Lugh e ás 15:00 horas rematará o concurso de ensaladas. Pola tarde ás 17:00 horas pasarruas...
leer más 06/07/2016
A Escola Municipal de Música ‘O Pallarego’ de Mondoñedocelebrará este verán o VI Curso de Música Interdisciplinar que se levará a cabo do 11 ao 15 de xullo. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías,Alberto García e Xulia Nogueira, mestrada escola, presentaron hoxe o cartel destas xornadas.
Alberto García apuntou que “un ano máis levamos a cabo esta actividade que se dirixe a rapaces de catro anos en diante, tanto para os que tocan algún instrumento ou están comezando a facelo, como para aqueles que non se iniciaron no mundo da música pero que teñen interese en descubrilo”.
García precisou que nos cursos se “traballará o ritmo, a voz, a...
leer más 03/07/2016
A XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará este ano do 12 ao 14 de agosto, contará con máis dun centenar de postos que encherán as rúas do Casco Histórico da localidade mindoniense. A rexedora, a popular ElenaCandia, amosouse moi satisfeita con esta ampla participación e agradeceu “a confianza que os artesáns e artesás depositan ano tras ano na nosa cidade par vir vender os seus produtos”.
Candia puntualizou que se presentaron un total de 139 solicitudes para instalarpostos, das cales se admitiron 112 por cumprir coa normativa imposta pola comisión organizadora do Mercado. Quedaron excluídas 24 por non cumprir os requisitos, e 3 están de reserva.
01/07/2016
O Concello de Mondoñedo, a Deputación de Lugo e a USC promoven un curso de verán sobre a educación na natureza e as intervencións asistidas con animais. A iniciativa, que se desenvolverá os días 20, 21, 22 e 23 de xullo no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, está organizado en colaboración coa Asociación Nenea, medrar creando que é a primeira Escola Bosque que se abre en Galicia.
A data para formalizar a matrícula finalizará o día 8 de xullo.
Obxectivo do curso
O curso pretende dar a coñecer aos profesionais que traballan con nenos e nenas os beneficios da educación na natureza e as posibilidades que ofrecen os animais adestrados para a...
leer más