menopausa

Etiquetas:
02/11/2024

O salón de actos do Concello de Xove acollerá un taller sobre a menopausa o día 8 de novembro, venres, ás 19:00 horas. Será impartido pola matrona María González Cociña.

É unha actividade organizada polo Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Xove, que explica que é “un taller que ofrece información detallada sobre os cambios hormonais e físicos que acontecen xa na perimenopausia e logo na menopausia, proporcionando ferramentas moi útiles e valiosas para afrontar mellor estas etapas da vida”.