Mondoñedo
A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, convídaos a celebrar o Nadal con dous concertos. O primeiro deles terá lugar o xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Nel participarán distintas agrupacións da escola coma grupo infantil, o grupo percusión, a orquestra infantil, o grupo de música moderna, un ensemble da banda e rematará o concerto coa intervención do coro Mestre Pacheco, que interpretará una selección coral de West Side Story de Leonard Bernstein.
PROGRAMA 19 DECEMBRO
GRUPO INFANTIL
• Moita festa……………………………………………….C. Núñez
• Color esperanza ……………………………………...D. Torres
PERCUSIÓN
• Adeste Fideles........................................J.F.Wade
• Dulce Navidad................................................Pop.
• Polly Wolly...
leer másO próximo día 22, ás 12.30 horas, terá lugar en Mondoñedo a presentación da publicación Cunqueiro e Lezama. A luz do mundo que se afasta, da que é autor César Cunqueiro. A edición corre a cargo da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, dependente do Concello de Mondoñedo, co patrocinio da Consellería de Cultura. A presentación serve para recordar que o insigne autor naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. A publicación deste traballo é a primeira iniciativa deste tipo que pon en marcha a Casa-Museo desde a súa apertura en marzo pasado.
O autor recoñece no preámbulo deste interesante estudo que pode resultar sorprendente a aproximación das vidas e proxectos de dos autores que, aparentemente, teñen moi pouco en común como son o mindoniense Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-1981) e o cubano José Lezama (La Habana, 1910-1976). César Cunqueiro,...
leer másO auditorio municipal de Mondoñedo acollerá o próximo día 3 de decembro a proxección da obra de ficción Vida e do documental Máis ca vida, do actor e director galego Rubén Riós. As dúas obras, segundo os seus autores, son un exemplo da posibilidade de introducir na realidade audiovisual a persoas con discapacidade, mostrando que os estereotipos non teñen razón de ser.
O Concello de Mondoñedo, que preside Elena Candia (PP), recibirá pola mañá a Rubén Riós, que, seguidamente, participará nunha master classpara Emergal Ensino SL na cidade episcopal, dedicada aos alumnos do certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Á proxección no auditorio, ás 18.00 horas, está prevista a asistencia, ademais do director, do actor e actriz protagonistas, respectivamente,...
leer másEn Mar ao norde, Álvaro Cunqueiro, mindoniense universal escribiu: «Este é o punto exacto», onde se para «cristalina a roda da noite». E así é Mondoñedo, o «puntoexacto» que escribiu Cunqueiro, ese punto no que se xuntan tradición e modernidade, gastronomía e patrimonio histórico, natureza e cultura. O Concello de Mondoñedo, presidido por ElenaCandia, mantén un esforzo continuado por dar a coñecer todo o que ofrece esta pequena e fermosa cidade episcopal. Nese camiño, hai iniciativas que, sen dúbida, resultarán atractivas para os visitantes, cuxo número aumenta ano a ano. Desde o Concello, presidido por ElenaCandia, destácase o traballo que realizan tanto a asociación ACIAM como os hostaleiros de Mondoñedo no desenvolvemento de iniciativas que dan a coñecer á cidade.
Mondoñedo é, sen dúbida, «un ayuntamiento que conjuga en perfecto...
leer másO Concello mindoniense, presidido por Elena Candia, desenvolve distintas liñas de traballo para a promoción turística e comercial do municipio. Un dos produtos emblemáticos do agro de Mondoñedo e a súa contorna é a faba verdina. Por iniciativa do Concello en colaboración coa asociación de produtores, a próxima fin de semana (días 22, 23 e 24), trece establecementos de hostalería da cidade episcopal ofrecerán aos seus clientes tapas nas que será protagonista a faba verdina.
Os establecementos que participarán nesta iniciativa son os seguintes: Valeco, Amencer, Padornelo, Pasatempo, Rincón, Porriño, A Vinoteca de Segundo, Bar Castro, A Tasca, O Petisco, Taberna Galiana, A Bodeguiña e O Palique. Cada establecemento recibirá cinco quilos de fabas, aportados polo Concello e a Asociación de Produtores de Faba Verdina.
...
leer másO comercio e a industria local son pezas fundamentais no desenvolvemento económico dos concellos. O goberno municipal de Mondoñedo, presidido por Elena Candia, consciente da relevancia do comercio local, impulsa distintas iniciativas para promocionalo. En colaboración con Aciam, presidida por Ángel Marful, distribúe a todos os domicilios exemplares da Guía do Comercio Local de Mondoñedo.
Esta publicación impulsada polo Concello e Aciam ten 48 páxinas. Nelas figuran os nomes, enderezos e teléfonos de máis de 300 establecementos, agrupados en 36 actividades. Esta publicación estivo exposta ao público co obxectivo de que fora posible corrixir erros.
Esta iniciativa forma parte da política de promoción do comercio local que leva adiante o goberno local presidido por Elena Candia. Desde o Concello destácase a...
leer másMondoñedo acolle a quinta convocatoria do Espazo Coworking Mariña dirixido a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente –con menos de 6 meses-. A convocatoria do que se desenvolverá entre xaneiro e xullo do 2020 permanecerá aberta ata cubrir as 22 prazas dispoñibles para emprendedores.
A rexedora local, Elena Candia, sinalou que “este espazo ofrece distintos tipos de actividades de formación e asesoramento personalizado para o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais” tales como talleres, sesións de formación global ou mentorización, “entre outros eventos de acceso libre para outros emprendedores, empresarios ou persoas interesadas”.
A alcaldesa puxo en valor estas iniciativas debido ao “apoio que ofrecen de cara ao impulso de novas...
leer másEste xoves, 17 de outubro, dará comezo unha nova edición das San Lucas, as feiras e festas máis antigas de Galicia.
O xoves 17 ás 13:00 horas procederase ao disparo de bombas e o volteo das campás maiores da S.I. Catedral Basílica anunciando o inicio das festas. Ás 14:00 horas no pavillón municipal de deportes haberá xantar-baile para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade. Ás 18:00 horas, será a chegada dos cabalos polas rúas ata a feira; ás 20:45 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do dramaturgo Manuel Lourenzo; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Panorama e Grupo Beatriz.
O venres 18 ás 8:00 horas comezará a feira de gando cabalar. Ás 11:30 horas o grupo Mircromina Títeres presentará a obra Móvense os marcos? e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa Orquestra Palladium. Ás 17...
leer másO Concello de Mondoñedo inicia un plan de actividades para a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro para o que a alcaldesa, Elena Candia, vén de nomear Coordinador de Actividades e Publicacións da mesma ao investigador e crítico literario Armando Requeixo.
O plan inicial de traballo deseñado para a Casa-Museo contempla diversas actividades a realizar no período que se estende entre as datas de nacemento (22 de decembro) e pasamento (28 de febreiro) do autor.
Ademais das conferencias baixo o nome ‘Cunqueiro aquí e acolá’, entre as actividades previstas para levar a cabo atópase a publicación de materiais cunqueirianos que axuden a espallar e profundar na obra do autor; o inicio da Colección Selva de Esmelle ou a publicación dunha revista de estudos cunqueirianos.
A primeira das conferencias dunha...
leer más