Lourenzá
Dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, proxectará en todas as parroquias do municipio o filme O que arde, de Óliver Laxe.
O calendario é o seguinte: o venres día 11 ás 20:30 horas na escola de San Adriano; o sábado 12 ás 20:00 horas no Salón de Actos do Concello; o venres 18 ás 20:30 horas no Centro Social de San Xorxe; e o sábado 19 ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Santo Tomé.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o aforo será limitado polo que deben reservarse as entradas, que serán gratuítas, a través do teléfono do Concello (982.12.10.06), en días laborables de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Será obrigatorio o uso de mascarilla, haberá xel hidroalcohólico a disposición do...
leer másO Concello de Lourenzá convoca un concurso de postais entre os escolares de Infantil e Primaria do municipio. A premiada será empregada polo Concello como felicitación de Nadal.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “os traballos deberán presentarse en cartolina A4 e a técnica é libre. Establécese un único premio de 100 euros e trofeo”.
O prazo de entrega, na biblioteca municipal, está aberto ata o día 16 deste mes.
Foi inaugurada hoxe na Casa da Concello de Lourenzá a mostra itinerante O fin do camiño, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. No acto participaron Rocío López, alcaldesa de Lourenzá, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación inclúe numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia. As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos –Eduardo Ochoa e Carlos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis...
leer másO Concello de Alfoz, coa colaboración da Deputación de Lugo, convoca a primeira edición do concurso de fotografía denominado Alfoz no Outono, para o cal o prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro de 2020.
Hai tres premios: de 300 euros, 200 euros e 150 euros. Os premiados tamén recibirán diplomas.
As bases están publicadas na web www.concellodealfoz.com e os interesados en obter máis información poden solicitala a través do correo turismo@concellodealfoz.com e do teléfono 982.558.001 (extensión 2).
Lourenzá terá neste mes de novembro un ciclo de charlas denominado Outono Cultural, que está organizado pola asociación Patrimonio Laurentino.
Comezará o sábado 7 ás 18:00 horas na planta baixa da Casa do Concello coa presentación do libro O Bispado de Mondoñedo na Idade Media, a cargo de seu autor, Carlos González Paz.
O sábado 14 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar Martín Fernández Vizoso presentará a súa publicación Memoria de mariñáns.
Tamén no Pazo de Tovar o sábado 20 ás 20:00 horas presentarase o libro No interior do abandono, acto que contará coa participación dos seus autores: Carlos Lorenzo e Baldo Ramos.
E rematará o sábado 28 ás 19:00 horas coa presentación do libro Más allá y más arriba, a cargo do seu autor, José Antonio Vázquez Taín.
... leer másEste sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.
O restaurante O Forno de Tovar, de Lourenzá, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas á faba de Lourenzá desde mañá, venres, ata este domingo.
Os tres días servirá diversas elaboracións con fabas: con xabaril e cogomelos; con bonito de Burela e algas; con callos de tenreira; con compango de porco celta; e con galiña de Mos e ovo. E tamén ofrecerá unha tapa especial, que é vieira ao forno con fabas e mexillóns, a un prezo de 1,5 euros.
E para o domingo ao mediodía O Forno de Tovar prepara un menú degustación especial Festa da Faba cos seguintes pratos: timbal de faba fresca con setas, panceta de porco celta e foie; verdinas con bacallau e os seus callos; galiña de Mos con quiche de fabas e salsa cítrica; postre caseiro e pan artesán. O prezo por persoa é de 28 euros, bodega aparte.
... leer másOs días 2, 3, 4, 10, 17 e 24 de outubro poderán coñecerse os principais atractivos do concello de Lourenzá a través da Ruta da Faba. Nas dúas primeiras xornadas serán en horario de tarde e nas catro seguintes desenvolveranse de 10:00 a 18:00 horas.
Esta iniciativa foi presentada hoxe, venres, no Centro de Interpretación da Faba, onde a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que a Ruta da Faba “é un proxecto que xurdiu no ano 2017 e que está dando os seus froitos porque á xente gústalle moito vir a vivir esa experiencia”. Tamén comentou que este ano “imos ter unha Festa da Faba distinta, marcada por desgraza por todas as circunstancias que nos están afectando polo Covid”.
Ademais a rexedora municipal fixo referencia á vinculación con Lourenzá do presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Fran...
leer másO Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento e aerolatino dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro.
A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 5 de outubro comezarán as actividades de Ximnasia de Mantemento e Aerolatino, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade, que será totalmente gratuíta, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.
Os grupos e horarios serán os seguintes:
En San Adrao: Ximnasia os luns e os mércores de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas.
En Santo Tomé: Ximnasia os luns e os mércores de 18 a 19 e Aerolatino os...
leer másO Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey as actividades do programa Ler conta moito os días 11, 18 e 24 deste mes.
O concelleiro delegado de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este ano, debido á situación do COVID-19, a Biblioteca Municipal de Lourenzá traslada as actividades do programa Ler conta moito, que se desenvolverán durante este mes de setembro, ao colexio da localidade”.
Manuel Arango anuncia que “a primeira será este venres. Baixo o título A Cinecleta na Biblioteca, Brais Moure cunha bicicleta con forma de cine mostrará aos alumnos do colexio laurentino os fondos mariños das Illas Atlánticas. O venres 18 será a quenda da maxia. O ilusionista Carlos Tomico impartirá un obradoiro no que se explicarán sinxelos trucos de maxia que poderán levar para a casa. Rematarán estas actividades...
leer más