Xornada divulgativa

13/11/2024

O GALP A Mariña Ortegal explica que “aprender de experiencias que poñen en valor o patrimonio cultural ligado ao mar, á zona costeira e á tradición mariñeira é unha boa maneira de fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. A cultura é un importante elemento que pode dinamizar e servir de base para que o sector pesqueiro se involucre en proxectos que van máis alá do puramente produtivo e extractivo, vinculado aos recursos pesqueiros. O patrimonio cultural é un factor que contribúe ao desenvolvemento turístico é á xeración de riqueza nas zonas costeiras, motivo polo cal dende o GALP A Mariña Ortegal se está organizando unha xornada que abordará esta temática, co obxectivo de promover proxectos que incrementen o valor engadido para o sector pesqueiro e contribúan á diversificación das súas actividades,...

leer más