Lourenzá
O certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá consegue un récord de participación na súa terceira edición, con 21 compañías presentadas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a esta edición presentáronse 8 compañías da provincia de A Coruña, 8 de Lugo, 3 de Pontevedra e 2 de Ourense. Nos próximos días reunirase o xurado para visionar as gravacións das obras presentadas e escoller as 8 que van ser representadas na fase final, que se celebrará os sábados e domingos de novembro”.
O Concello de Lourenzá organiza unhas xornadas sobre usos e aplicación de drons, que inclúen actividades este domingo. Ese mesmo día haberá tamén teatro contra a violencia de xénero.
As xornadas sobre usos e aplicación de drons están organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Sonia Gavino, quen explica que “ primeira actividade desta iniciativa tivo lugar o pasado 26 de setembro. Está dirixida a mozos e mozas e nunha primeira parte impartíronse cuestións teóricas acerca da normativa de uso dos drons e despois desenvolveuse unha clase práctica na que os asistentes puideron probar a pilotar un dron. A segunda xornada terá lugar este domingo, 6 de outubro, enmarcada dentro da programación da Festa da Faba. Haberá un stand situado no Campo dos Bolos, no que estarán presentes diversas empresas que usan os drons para múltiples...
leer másA XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego, celebrarase dos días 4 ao 6 de outubro.
O venres 4 ás 19:00 horas na sala de exposicións terá lugar a inauguración do stand do Concello de Ponteceso, invitado nesta edición. Ás 19:30 horas actuará o grupo Clave de Fado; e ás 20:30 horas no Centro de Interpretación da Faba, dará comezo a cata comentada de viño que correrá a cargo da adega Regina Viarum, de Sober (D.O. Ribeira Sacra).
O sábado 5 ás 11:00 horas procederase á apertura da XXIX Festa da Faba. As casetas de fabeiros estarán instaladas na praza Conde Santo, a demostración e exposición de artesáns situaranse nas prazas e rúas da vila, e a exposición dos traballos do II Concurso Artístico Infantil estará no acceso á sala de exposicións. Ademais haberá feira exposición de...
leer másO Concello de Lourenzá instalará un stand lila na XXIX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.
A rexedora municipal explicou que “o obxectivo é informar, divulgar e sensibilizar a cidadanía sobre as violencias machistas. O punto de información estará situado na praza do Conde Santo en horario de 11:00 a 15:00 horas, onde a técnico social e a educadora familiar do Concello informarán sobre distintas cuestións relacionadas coa violencia de xénero. Así mesmo repartirase entre todos os asistentes material informativo para concienciar sobre a importancia de loitar e acabar con esta lacra machista”.
Rocío López anunciou...
leer másO cartel da XXIX edición da Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, acaba de ser presentado. Nesta ocasión a imaxe para anunciar o evento foi deseñada polo Departamento de Actividades Comerciais do IES de Foz.
Na presentación do cartel participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e o xefe do Departamento de Comercio do IES de Foz, José Otero Méndez.
José Otero comentou que o IES de Foz sempre está aberto á colaboración coas distintas institucións, xa que o que intentan é dar visibilidade á Formación Profesional que imparten e os representantes do Concello de Lourenzá agradecen ao instituto focense a súa colaboración deseñando o cartel que dará a coñecer a Festa da Faba 2019.
O 5 de outubro, sábado, ás 12 do mediodía Manuel Román Ramos, coñecido popularmente en Lourenzá como Manolo de Cartas, será o encargado de ler o pregón da XXIX Festa da Faba.
Manuel Román, mestre xubilado, é un estudoso da historia do seu concello. No ano 2001 publicou un libro homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Vivir unha vida, e anos máis tarde unha reedición ampliada titulada Lume aceso. Ten numerosos estudos publicados e inéditos sobre a orixe do mosteiro de San Salvador, a figura do Conde Santo, a toponimia e o nacemento do concello de Lourenzá. É un asiduo colaborador e relator nas xornadas de historia local que organiza cada ano o Concello.
O concelleiro de cultura, Manuel Arango, destacou que “é un luxo que Manuel Román aceptara ser o pregoeiro nesta edición da Festa da Faba”.
O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Sala de Exposicións do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademáis de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda...
leer másA programación cultural de outono organizada polo Concello inclúe teatro, maxia, gastronomía, música, cine e moitas más actividades. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Empezará coa exposición Camiño por mar, que poderá visitarse do 4 ao 6 de setembro de 17:00 a 20:00 horas.
O venres 13 de setembro ás 18:00 horas terá lugar a actividade Unha arte delicada: a papiroflexia, a cargo de Miguel Cortés. O venres día 20 ás 18:00 horas Olga Brañas ofrecerá Cinema e música con Buster Keaton. Ao día seguinte, sábado 21, ás 20:00 horas Hipócrita Teatro, de Lugo, representará a obra Hotel Desencanto. E o venres 27 ás 18:00 horas haberá a actividade 4.500 anos da incrible historia da maxia, co Mago Teto.
En outubro o xoves día 3 Manoele de Felisa ofrecerá Canto para a...
leer másO concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.
Manuel Arango engade que “nas bases, que están publicadas na páxina web do Concello, establécese un premio de 750 euros á mellor representación. Así mesmo haberá trofeos para os mellores actor e actriz, actor e actriz de reparto, posta en escena e un premio concedido polo público asistente ás representacións. As obras representaranse durante o mes de novembro e no mes de decembro haberá unha gala especial de entrega de premios”.
A obra premiada como mellor representación...
leer másO grupo Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, anunciou hoxe que “o grupo de rock galego Astarot actuará o sábado 5 de outubro en Lourenzá con motivo da celebración da XXIX Festa da Faba. Astarot interpreta en versión rock temas tan coñecidos da música galega como Sementeira, Meu amor é mariñeiro, Lela, Negra Sombra, O tren, etcétera”.
Manuel Arango destaca que “este concerto, coma todos os que teñen lugar durante a Festa da Faba, será con entrada gratuíta”.