O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento e aerolatino dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro.
A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 5 de outubro comezarán as actividades de Ximnasia de Mantemento e Aerolatino, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade, que será totalmente gratuíta, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.
Os grupos e horarios serán os seguintes:
En San Adrao: Ximnasia os luns e os mércores de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas.
En Santo Tomé: Ximnasia os luns e os mércores de 18 a 19 e Aerolatino os mesmos días de 19 a 20 horas.
En San Xurxo: Ximnasia os martes e os xoves de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas.
En Lourenzá: Ximnasia os martes e os xoves de 18 a 19 horas e Aerolatino os mesmos días de 19 a 20 horas.
A formación de grupos será por rigoroso orden de inscrición, que se fará chamando ós teléfonos 664.462.196 (Sonia Gavino, concelleira de Deportes) ou 610.916.696 (Rubén G. Piñeiroa, técnico de Deportes). O prazo para anotarse está aberto ata o 30 de setembro ou ata esgotarse as 10 prazas ofertadas por quenda e actividade.
Esta actividade do Concello de Lourenzá está patrocinada pola Deputación de Lugo.