Coworking
O Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este 15 de xaneiro ás 7 da tarde a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo, como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de xaneiro.
Na presentación participará a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fany Suárez Mansilla, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto con parte do equipo coordinador do proxecto e participantes nas anteriores edicións. Todos eles contarán as distintas perspectivas e experiencias dentro do programa. A continuación haberá un espazo de café networking que propiciará o intercambio de ideas entre os asistentes.
Este...
leer másMondoñedo acolle a quinta convocatoria do Espazo Coworking Mariña dirixido a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente –con menos de 6 meses-. A convocatoria do que se desenvolverá entre xaneiro e xullo do 2020 permanecerá aberta ata cubrir as 22 prazas dispoñibles para emprendedores.
A rexedora local, Elena Candia, sinalou que “este espazo ofrece distintos tipos de actividades de formación e asesoramento personalizado para o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais” tales como talleres, sesións de formación global ou mentorización, “entre outros eventos de acceso libre para outros emprendedores, empresarios ou persoas interesadas”.
A alcaldesa puxo en valor estas iniciativas debido ao “apoio que ofrecen de cara ao impulso de novas...
leer más