Conversas
O martes, 11 de outubro, ás oito e media da tarde terán lugar na Libraría Bahía, en Foz,
Conversas arredor de Venecia Abandonada.
O poeta Eduardo Estévez, autor do poemario Venecia Abandonada, e a poeta focega Natalia Alonso compartirán impresións, ideas e emocións que xurden da lectura dos poemas.
O venres, 29 de xullo, ás 21:00h celebrarase na Libraría Bahía unha conversa con María López Sández –autora recén ingresada na Real Academia Galega- e Miguel Fraga Vila, fotógrafo. Ámbolos dous, xunto con María Isabel Fraga Vila, son os autores do libro O Herbario de Rosalía, el encargado das fotografías que o nutren e ela do texto.
Este libro nace dun proxecto de investigación sobre as flores e as plantas presentes na obra de Rosalía de Castro que se concretou nun herbario con 150 pregos que estivo exposto no Real Xardín Botánico de Madrid e finalmente neste libro editado pola Fundación Rosalía de Castro.
No libro, igual que no resto do proxecto, únese ciencia e literatura, bioloxía e poesía e nel atopamos versos e textos de Rosalía dedicados a cada planta e flor xunto coas características botánicas das mesmas...
leer másSeguindo co ciclo de actividades online programadas para 2020 por Mariña Patrimonio, o colectivo organiza unha conversa entre o historiador Ramón Villares e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo arredor de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, ao fío do epistolario que mantiveron ambos persoeiros e que recentemente dixitalizou o Consello da Cultura Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Pardo.
A actividade, “Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo”, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 12 de decembro, e poderá seguirse na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a partir das 19.00 horas.
Nordés quere ser unha illa, como aquelas que cada día descubría Carvalho Calero no mar do mundo (“Futuro condicional”, 1982). E dende ela, tender pontes e ofrecer o seu apoio telefónico a aquelas persoas que están a pasar a corentena en solitario nos concellos do Vicedo, Mañón e Ortigueira. Desde Nordés explican que “por isto, creamos “parola(r)”, unha rede de conversas telefónicas. Se queres falar, ou coñeces a alguén que o precise, podémonos facer compañía dende as nosas casas”.
Persoas voluntarias de Nordés estarán ao outro lado da liña telefónica para botar unha parolada e dar compañía a quen decida chamar ao punto coordinador: 653756454 (Ricardo). Desde Nordés engaden que “ademais, comprométense a manter a confidencialidade dos contidos das conversas. Gustaríanos recalcar que as persoas voluntarias non son profesionais”.
... leer más