Lourenzá
O Pazo de Tovar, fortaleza que se atopa na parroquia laurentina de Santo Tomé, acollerá unhas xornadas de portas abertas esta vindeira fin de semana, sábado e domingo. Nelas mostraranse as múltiples alternativas (gastronómicas, decorativas e de diversos espectáculos) que este espazo ofrece para desenvolver nel eventos de todo tipo personalizados e adaptados aos gustos do cliente, como vodas e outras cerimonias.
As xornadas de portas abertas, que se desenvolverán o sábado 14 de 16.00 a 22.30 horas e o domingo 15 de 10.00 a 19.00 horas, están coordinadas polo prestixioso florista e organizador de eventos barcelonés Jordi Ferrán. A asistencia é libre e gratuíta.
O promotor desta iniciativa é Jorge López, xerente e cociñeiro do restaurante O Forno de Tovar, que presentou estas xornadas de portas abertas e explicou...
leer másO xurado do III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, formado por Ana María Díaz Díaz, Miguel Gavín Sánchez, Javier Huertas Otero, María Cruz Valea López e presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, deu a coñecer as obras, actrices e actores que optan aos distintos premios que se concederán na gala que se celebrará o día 14 deste mes, sábado, ás 20 horas na carpa situada no Campo dos Bolos. Ao remate da gala o actor Sergio Pazos interpretará o monólogo Rebento se non o conto. A entrada é gratuíta.
Os elixidos son estes:
PREMIO CONDE SANTO Á MELLOR REPRESENTACIÓN:
A última cea, de Fauna 113
Fuga, de Gargallada Teatro
A Lola, de Avelaíña Teatro
PREMIO LOURENZO AO MELLOR ACTOR:
... leer másLa primera prueba popular de orientación a pie Concello de Lourenzá se celebrará el 22 de diciembre, domingo. Está organizada por el Club Atletismo Lourenzá y el Club Fluvial, de Lugo, con la colaboración del Concello de Lourenzá y de las Escolas Deportivas Lourenzá.
Habrá tres recorridos: iniciación corta (para niñ@s con edades comprendidas entre los 6 y los 10 años, que deberán ir acompañados por adultos si nunca realizaron una actividad de este tipo), iniciación larga (para adultos y niñ@s con experiencia en este deporte) y avanzado/ entrenamiento federados. Las salidas serán desde el Campo da Feira, de Vilanova de Lourenzá, a partir de las 10:30 horas.
Se aceptarán inscripciones de participantes hasta el 18 de diciembre, miércoles, a las 20:00 horas.
Esta fin de semana haberá representacións do certame de teatro Concello de Lourenzá o sábado e o domingo.
Fauna 113, grupo gañador na edición pasada do certame, actuará este sábado, día 23, ás 20:30 horas. Porán en escena a obra A última cea. E o domingo ás 20:00 horas tócalle Matabelas Teatro, de Teo, representará a obra A estraña familia.
O Concello de Lourenzá súmase, por terceiro ano consecutivo, á campaña En negro contra as violencias con actividades que se desenvolverán este domingo, día 24, no pavillón polideportivo municipal a partir das 17:00 horas. Os actos foron presentados pola alcaldesa, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; a concelleira de Deportes, Sonia Gavino; e a adestradora da sección de patinaxe das Escolas Deportivas Lourenzá, Tania Irimia.
O Concello de Lourenzá fai un chamamento a todo o comercio e locais de hostalería para que colaboren coa campaña e vistan de negro os seus locais, descargando o material necesario na web https://ennegrocontraasviolencias.gal.
Os actos programados para este ano celebraranse este domingo, 24 de novembro, no pavillón...
leer másEste venres, día 15, o grupo de teatro Touporroutou, de Foz, representará no III Certame de Teatro de Lourenzá a obra Comedia bífida. E o sábado 16 será o grupo Carauta Teatro, de Santiago, o que se subirá ao escenario laurentino coa obra Un!dous!tres!. As dúas representacións terán lugar no salón de actos do Concello ás 20:30 horas.
O domingo 17 non haberá representación debido á viaxe que organiza o Concello de Lourenzá a Casar de Periedo (Cantabria), onde participará como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza.
Preto dun centenar de veciños acompañarán o próximo domingo, 17 de novembro, á alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, a participar como concello invitado na XV Feria de la Alubia y la Hortaliza en Casar de Periedo, localidade do concello de Cabezón de la Sal (Cantabria). A viaxe inclúe degustación do cocido montañés.
Ademais de Lourenzá, nese evento participarán como concellos invitados os de La Bañeza (León), Saldaña (Palencia) e Arnuero (Cantabria).
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, explica que “nesta feira, declarada de interese turístico rexional, os veciños da localidade son os verdadeiros protagonistas trasladándonos por un día á vida dos anos 40 do século pasado. Está prevista a instalación de máis de 200 postos de venda de produtos hortícolas e de artesanía. O Concello de Lourenzá estará...
leer másAs oito obras seleccionadas para a terceira edición do certame de teatro Concello de Lourenzá representaranse desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro. E na gala de entrega de premios, que será o 14 de decembro, actuará Sergio Pazos.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explicou que “o sábado 2 de novembro dará comezo a terceira edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o telón a compañía Coles Teatro, de Ourense, coa obra A tía Rosita. Será ás 20:30 horas no salón de actos do Concello. A última das obras que se presentan a concurso representarase o domingo 1 de decembro. Este certame de teatro rematará o sábado 14 de decembro cunha gala de entrega de premios na carpa que se instalará no Campo dos Bolos e que contará coa actuación do humorista galego Sergio Pazos, co monólogo Rebento se non o conto”.
... leer másEste xoves, día 24, ás 12:30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.
O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.
O xurado do III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá deu a coñecer o nome das oito obras seleccionadas para ser representadas durante o mes de novembro.
As elixidas son as seguintes:
- A Lola, de Avelaíña Teatro (Pontevedra).
- Fuga, de Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras).
- All you need is war, de O Catre Teatro (As Pontes).
- A tía Rosita, de Coles Teatro (Ourense).
- Comedia bífida, de Touporroutou Teatro (Foz).
- A última cea, de Fauna 113 (Vigo).
- A estraña familia, de Matabelas (Teo).
- Un! dous! tres!, de Carauta Teatro (Santiago).
Todos estes grupos de teatro recibirán 300 euros por participar e optarán ao premio de 750 euros que será para o que acade o Conde Santo á mellor...
leer más