Lourenzá

Etiquetas:
20/08/2021

O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia. O aforo é limitado e para asistir hai que reservar entrada a través do correo patrimonio.laurentino@gmail.com ou vía whatsapp ao teléfono 649.28.17.91. Tamén haberá outras medidas covid, como o uso obrigatorio de máscara e de xel.

Ademais desde esta fin de semana ata o sábado 28 exporanse reproducións de obras de Julia Minguillón...

leer más
Etiquetas:
13/08/2021

A Banda de Música de Lourenzá actúa este domingo, día 15 de agosto, en Santo Tomé, concretamente na área recreativa O Pereiro, ás 20:30 horas. Este concerto está incluído no ciclo Música nas parroquias.

Neste evento, que se desenvolverá ao aire libre, haberá medidas anti covid, será obrigatorio o uso da máscara e manter unha distancia de seguridade de 2 metros entre os asistentes.

 

Etiquetas:
28/07/2021

A Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acollerá este domingo, día 1 de agosto, ás 19:30 horas o espectáculo teatral infantil titulado Cancións de animais para nenos case normais.

Para asistir hai que anotarse no teléfono 982.12.10.06. O prazo remata este venres, 30 de xullo.

Esta actividade forma parte do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

 

Etiquetas:
20/07/2021

A Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara incluído no festival itinerante Peregrinos Musicales, que organiza a asociación do mesmo nome con sede en Santiago de Compostela coa colaboración do Concello de Lourenzá.

A actuación correrá a cargo do grupo de música de cámara Esemble Rubens Consort, que interpretará obras de Haydn, Bach, Ravel e Fauré.

A entrada é libre e gratuíta.

 

Etiquetas:
11/07/2021

O Concello de Lourenzá ofrece visitas guiadas ao Mosterio de San Salvador todos os días da semana, agás os domingos.

Os horarios son: de luns a venres, ás 12:00 e ás 17:00 horas; e os sábados ás 12:00 horas.

A visita é gratuíta os luns e o resto da semana o prezo é de 3 euros.

As persoas interesadas poden obter máis información e facer as reservas nos números de teléfono 982 121 006 e 646 384 124, e a través do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es

 

Etiquetas:
09/07/2021

O claustro do mosteiro de San Salvador acollerá o día 17 deste mes, sábado, a partir das 11 da mañá unha xornada sobre Francisco Fernández del Riego. No evento intervirán grandes coñecedores do escritor laurentino: Manuel Román Ramos, Francisco Domínguez Martínez, Xosé López González, Malores Villanueva Gesteira e Antón Vidal Andión. Para asistir as xornadas hai que inscribirse previamente a través do teléfono 649.28.17.91 ou do correo electrónico patrimonio.laurentino@gmail.com.

Esta actividade, que está organizada polo Concello de Lourenzá e a Asociación Patrimonio Laurentino, foi presentada na tarde de hoxe, venres, na Praza do Conde Santo, xunto ao monólito de Fernández del Riego. No acto participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; os...

leer más
Etiquetas:
08/06/2021

O vindeiro 19 de xuño terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Esa fin de semana, os días 19 e 20 deste mes, terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.

Con motivo da presentación o próximo 19 de xuño das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo, á Mancomunidade e á compañía de teatro Chévere poñen en marcha a iniciativa Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer este...

leer más
28/05/2021

As instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel de Lourenzá reabrirán o vindeiro martes, 1 de xuño.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “a partir do vindeiro martes, sempre que a situación sanitaria se manteña estable, reabriranse tanto o ximnasio como a pista de pádel”.

@s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Para novas altas:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAcx4M5OJ9GNTZTpSuGGwAAd1WbmRvYGz4_NEi-ohJltN36Q/viewform

A pista de pádel tamén volverá a...

leer más
20/05/2021

Este domingo, día 23, ás 13:30 horas no quiosco da música do Cantón laurentino o Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas coa colaboración da Banda de Música da localidade. Haberá música, recital e a entrega de premios do certame de poesía.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o programa consistirá nun recital poético onde se lerán poesías de Xela Arias e as premiadas no certame de poesía convocado pola Concellería de Cultura. A Banda de Música interpretará a Marcha do Antigo Reino de Galicia, Negra Sombra e o Himno Galego, que pechará o acto”.

Manuel Arango destacou que “dado o gran número de participantes e a calidade das obras presentadas ao certame de poesía o xurado decidiu conceder, ademais dos premios previstos, un accésit en cada categoría. Os gañadores recibirán 50...

leer más
Etiquetas:
03/05/2021

O Concello celebrará o Día das Letras Galegas o 23 deste mes, domingo, cun recital poético e un concerto da Banda de Música de Lourenzá.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o domingo 23 de maio celebramos o Día das Letras Galegas coa lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá. O acto terá lugar as 13:30 horas no quiosco da música do Cantón. Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas”.