Lourenzá
O Concello celebra o tradicional Maio este sábado, día 1, cunha exposición na praza do Conde Santo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “este sábado Lourenzá celebra o tradicional Maio.
Este ano, por mor da pandemia, farase dun xeito un pouco diferente e non haberá o percorrido habitual polas rúas da vila. Como alternativa e en recordo a esta festividade doutros anos o Concello colocará na praza uns Maios estáticos e unha exposición fotográfica en lembranza a edicións pasadas. Esta mostra instalarase mañá, venres, e poderá verse ata o luns”.
Xa están á venda as entradas para o ciclo Schubert no Camiño, incluído nas actividades da oitava edición do Festival Bal y Gay. Será do 14 ao 16 de maio en Foz, Lourenzá e Mondoñedo e contará coas actuacións de
Judith Jáuregui, Cosmos Quartet xunto a Fernando Arias e Christoph Prégardien xunto a Daniel Heide.
Todos os concertos serán presentados pola locutora de Radio Clásica
Clara Sánchez.
O venres 14 de maio ás 19:30 horas na Basílica de San Martiño (Foz) actuará Judith Jáuregui, que é unha das pianistas máis cautivadoras do momento e que foi recibida con entusiasmo en salas de referencia como o Auditorio Nacional de Madrid ou o Palau de la Música Catalana.
O sábado 15 ás 18:00 horas na Igrexa de San Salvador (Lourenzá) ofrecerá un concerto Cosmos Quartet, formado por...
leer másO Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo do Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este concurso está dirixido a persoas de todas as idades, divididas en tres categorías: ata 9 anos, de 9 a 14 anos e máis de 14 anos. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e unha figura institucional”.
Manuel Arango engade que “o prazo de entrega dos traballos, que deben presentarse na biblioteca municipal, remata o 14 de maio. As bases do concurso aparecen colgadas na páxina web do Concello”.
O Concello de Lourenzá acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo para conmemorar a figura de Rosalía de Castro con dúas actividades: un mural e unha representación teatral infantil, que está programada para o día 22 de abril.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a primeira actividade foi a elaboración dun mural na entrada do CEIP Juan Rey realizado por Concepto Circo. A segunda terá lugar o 22 de abril, en vésperas da celebración do Día do Libro. Trátase do espectáculo teatral con monicreques de mesa A viaxe de Rosalía, a cargo da actriz Larraitz Urruzola. Vai dirixida a público infantil e tamén se desenvolverá nas dependencias do colexio”.
O Concello de Cervo e as Escolas Deportivas de Lourenzá veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo “de promover a práctica do atletismo, que tan arraigada está nesta localidade veciña, tamén entre a nosa veciñanza”.
Así, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e co presidente das Escolas, Pablo Maseda, no que perfilaron todos os detalles sobre a cesión das pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga durante a tempada deportiva; que poderán ser utilizadas por esta entidade para as competicións, torneos, adestramentos e exhibicións que así o requiran.
Tal e como explicaron, con esta cesión, cunha vixencia inicial ata o 31 de decembro con carácter prorrogable, “logramos que as pistas municipais de atletismo...
leer másA ACIAL organiza un Entroido virtual en Vilanova de Lourenzá e, dende hoxe, ata o 20 de febreiro ten aberto o prazo de inscrición.
As persoas interesadas poden anotarse no email acial.lourenza@gmail.com ou no whatsapp 686 569 822 mandando para elo unha foto da persoa ou persoas disfrazadas cos seus datos persoais. No caso de disfraces infantís o pai ou nai terá que facilitar tamén os seus datos no momento da inscrición. Os participantes so poderán apuntarse nunha categoría.
O concurso divídese en dúas categorías xerais: adulto e infantil, que establecen tres categorías cada unha delas, individual, parella e grupo, respectando as medidas decretadas pola situación sanitaria da Covid 19 vixente no momento da inscrición. A categoría infantil é ata os 12 anos e, no caso dos...
leer másTendo en conta a evolución da pandemia e ante a posibilidade dun novo repunte de contaxios, o equipo de goberno de Lourenzá decidiu aprazar ata a primavera ou o outono a realización das IV Xornadas de Historia Local, que tiña previsto desenvolver en febreiro.
O edil de Cultura, Manuel Arango, explica: “cremos que sería unha irresponsabilidade celebras as xornadas nestes momentos, vendo o avance da pandemia tanto en Galicia como na Mariña. Estamos traballando para poder levalas a cabo en canto mellore a situación sanitaria e volvamos a unha nova situación de certa normalidade”.
O vindeiro venres, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no Pazo de Tovar, en Lourenzá, presentarase a novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. No acto participarán o autor, xunto a Bernardo Penabade, lingüista, e Aida Río, cantante.
O aforo será limitado, como é obrigado nestas datas de pandemia, admitíndose ata un máximo de 40 persoas. Os interesados deben anotarse chamando ao número 619389997.
Os Reis Magos chegarán a Lourenzá o vindeiro martes, 5 de xaneiro, e recibirán aos nenos e nenas do municipio.
“Seguindo as normas anti-covid, este ano a Cabalgata dos Reis non percorrerá as rúas de Lourenzá e o Concello decidiu que as Maxestades de Oriente recibirán aos nenos e nenas nos baixos do Concello de 5 a 7 da tarde. Tomaranse todas as medidas hixiénicas e de distancia para que a visita sexa o máis segura posible”, explica o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
O Concello de Lourenzá organiza un concerto de Nadal coa Banda de Música de Foz na parroquia de Santo Tomé, dentro do Programa de Dinamización das Parroquias. Será este domingo, 3 de xaneiro, ás 12:30 horas no Pavillón Polideportivo.