O Concello celebra o tradicional Maio este sábado, día 1, cunha exposición na praza do Conde Santo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “este sábado Lourenzá celebra o tradicional Maio.
Este ano, por mor da pandemia, farase dun xeito un pouco diferente e non haberá o percorrido habitual polas rúas da vila. Como alternativa e en recordo a esta festividade doutros anos o Concello colocará na praza uns Maios estáticos e unha exposición fotográfica en lembranza a edicións pasadas. Esta mostra instalarase mañá, venres, e poderá verse ata o luns”.