Infantil

Etiquetas:
25/09/2021

Pakolas presenta Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo na Casa da Cultura de Burela o sábado 9 de outubro ás 18:00 horas.

Pakolas, rockeiro  e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto Pakolas  guiará aos espectadores coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra,  nun espectáculo individual creado polo propio  autor, onde a interacción e participación coas nenas  e nenos, a animación,  as súas caracterizacións e a súa música  son os principais atractivos para o público.

É un espectáculo para compartir cos máis peques e coa familia. E Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.

 

Etiquetas:
03/09/2021

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 4 de setembro, ás 19:00 horas o espectáculo musical infantil A Casa do Terror con Xoán Curiel, dentro de Cultura no Camiño.

A entrada é libre con aforo limitado. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 161 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.

Esta montaxe recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento no ano 2020 e o Premio Martín Codax da Música Galega na categoría de Música Infantil no ano 2019. Ademais recibiu nomeacións nos Premios Ari(t)mar das músicas de Galiza e Portugal no ano 2019.

O espectáculo ten influencias, na música e na estética, das películas de terror dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de Cristal,, a familia Adams ou...

leer más
Etiquetas:
28/07/2021

A Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acollerá este domingo, día 1 de agosto, ás 19:30 horas o espectáculo teatral infantil titulado Cancións de animais para nenos case normais.

Para asistir hai que anotarse no teléfono 982.12.10.06. O prazo remata este venres, 30 de xullo.

Esta actividade forma parte do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

 

13/05/2021

A Biblioteca de O Vicedo celebra o día 14 de maio o Día das Letras Galegas ademais do Día do Libro Infantil e o Día das Bibliotecas.

Este venres, 14 de maio, ao longo da tarde, na Biblioteca do Vicedo expedirase o carné de biblioteca gratuíto que servirá tamén para calquera biblioteca da comarca e do resto de Galicia.

Ademais entregarase un pequeno agasallo para cada neno e nena que ese día se pase pola Biblioteca do Vicedo.

Esta actividade está organizada coa colaboración do Concello de O Vicedo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

Etiquetas:
22/04/2021

A Área de Cultura do Concello de Ribadeo programa para este domingo, 25 de abril, a actuación de Teatro dos Ghazafellos que presenta a obra As pitas baixo a choiva. A función terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas, pero temen que choiva pois cando iso pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.

Trátase dunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de...

leer más
Etiquetas:
19/04/2021
Pedras de Cartón presenta Lázaro de Tormes este sábado, 24 de abril, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A actuación dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos.
 
Trátase dun espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, contado case sen palabras, a través da adaptación de Juan Rodríguez. Pensado para toda a familia, está narrado en clave de comedia, a través dun traballo de máscaras dirixido por Pablo Sanchez e Laura Sarasola, e unha banda sonora orixinal creada por Davide González.
 
O elenco, formado por Xosé Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez, dá forma a cada unha das pasaxes máis coñecidas desta universal historia da picaresca española. Unha maneira de introducir o amor polo teatro clásico...
leer más
Etiquetas:
12/04/2021

A compañía Baobab representará a obra O lobo e a lúa este sábado, día 17 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía, de Foz. É unha actividade incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello focense.

Esta representación de teatro infantil está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos de idade e ten unha duración de 50 minutos. Logrou o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014.

O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Hai que reservalas chamando ao teléfono 982.14.00.27 extensión 3. 

 

Etiquetas:
09/04/2021

O Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal e unha representación de monicreques no salón de actos de Cultura o día 24 de abril para conmemorar o Día do Libro.

As actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos serán de 17:00 a 19:00 horas en grupos reducidos. Para participar hai que inscribirse no Concello previamente, do 19 ao 22 de abril. Para obter máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001, extensión 2.

E tamén o sábado 24, pero no salón de actos de Cultura, ás 19:30 horas Trécola Teatro presenta a obra Xogo revolto, un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar para celebrar o Día do Libro. A entrada é gratuíta e o aforo limitado.

Etiquetas:
07/04/2021

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros xunto coa Biblioteca Provincial de Lugo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, convocan o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 na súa fase local. 

O lema para o concurso deste ano no que se lle rende homenaxe a #XelaArias é: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”. Como resumo do artigo 31 podemos decir que: Os Estados Partes, recoñecen o dereito do neno/a ao descanso e ao esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, e a participar libremente na vida cultural, e nas artes.

As follas de inscrición poden recollerse na Biblioteca Municipal e nos colexios do concello.

As bases:
1.- Poden...

leer más
Etiquetas:
06/04/2021

Este sábado, día 10 de abril, ás 18:30 horas volve o teatro para os/as máis pequenos/as á Sala Bahía, de Foz. Micromina trae o seu espectáculo Cousas de casa. 

É unha actividade dirixida ao público infantil a partir de 3 anos e ten unha duración de 40 minutos. Trátase dun espectáculo de monicreques que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia, bebé.

As prazas son limitadas e hai que reservar as entradas na Delegación de Cultura do Concello de Foz, chamando ao teléfono 982.140.027 Extensión 3. O prezo é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos...