Infantil

Etiquetas:
12/03/2024

A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.

Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas. 

 

Etiquetas:
27/02/2024

O clown Roi Borrallas chega o vindeiro domingo, 3 de marzo, a Viveiro co seu espectáculo “Solo”, destinado para nenas e nenos a partir de cinco anos. Será ás 18 horas no Teatro Pastor Díaz. 

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.

 

Etiquetas:
22/02/2024

A compañía Elefante Elegante representará a obra de teatro familiar titulada Cubo este domingo, 25 de febreiro, en Ribadeo. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas.

É unha creación destinada ao público familiar e infantil, a partir dos 4 anos preferentemente. O espectáculo ten orixe na abstracción desta figura xeométrica e parte da situación de confinamento para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.

A estrutura escenográfica ten 2 metros de lado e as súas caras ábrense, péchanse, móntanse e desmóntanse. A figura xeométrica de 8 metros cúbicos é incriblemente sólida para soportar os corpos dos intérpretes e maxicamente lixeira para erguerse e xirar polo escenario como un enorme xoguete de madeira.

 

Etiquetas:
08/02/2024

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Cibrao, para o luns 12 de febreiro a partir das 17:00 horas.

Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.

A organización anima aos participantes a acudir disfrazados.

31/01/2024

A Pontenova celebrará un Carnaval infantil o domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas no pavillón municipal Tito Margaride. Haberá xogos música e baile.

Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello.

 

Etiquetas:
27/01/2024

O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido Infantil para o 13 de febreiro, martes, no pavillón municipal.

Será de 17:00 a 20:00 horas e haberá inchables e chocolate con churros para todos os asistentes.

 

Etiquetas:
19/01/2024

Desde CCH explican que “retomamos neste inicio de 2024 a colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Trala boa acollida entre o público que tivo esta promoción nas súas anteriores edicións, poñémola de novo en marcha pero con varias novidades có fin de mellorar a actividade o máximo posible. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla”. 

Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local. Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión (antes...

leer más
Etiquetas:
04/01/2024

Desde o Concello de Xove explican que “a Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha festa infantil no pavillón cunha discoteca móbil. e despois,….. a esperar os Reis”.

... leer más
Etiquetas:
02/01/2024

A programación de Nadal do Concello xovense continúa  mañá, 3 de xaneiro, coa que vai ser a primeira actividade cultural do ano 2024.

A partires das 18:00 horas no Pavillón de Deportes de Xove,  terá lugar o espectáculo infantil de Nadal  con animación musical “Cantabaila” coa Guagua.

Etiquetas:
27/12/2023

O Concello de Burela anuncia que os veciños e veciñas de Burela poderán ver de balde este venres o musical La Sirenita.

A compañía organizadora informou recentemente ao Concello de que o ritmo de venda das entradas non era o esperado, e ambas partes chegaron a un acordo para que o musical siga adiante, gratuíto e baixo a organización do propio Concello.

A empresa poñerase en contacto para devolverlles os cartos ás persoas que compraron a entrada.

A Casa da Cultura de Burela acolle esta representación o venres, 29 de decembro, ás 18:30 horas. 

O espectáculo repasa as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.