A Casa da Cultura de O Vicedo acolle este xoves, 7 de outubro, ás 16:45 horas, o espectáculo infantil A Caixa sen Pandora, dentro do programa Ler conta moito.
Trátase dunha historia interactuada con Montse Piñón e Pepablo Patinho que propón metaforicamente que pasaría se Pandora non abrise a caixa, entendendo que abrir a caixa é a loita das mulleres pola igualdade.
O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos.