A compañía Baobab representará a obra O lobo e a lúa este sábado, día 17 de abril, ás 18:30 horas na Sala Bahía, de Foz. É unha actividade incluída na programación cultural de primavera organizada polo Concello focense.
Esta representación de teatro infantil está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos de idade e ten unha duración de 50 minutos. Logrou o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no ano 2014.
O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Hai que reservalas chamando ao teléfono 982.14.00.27 extensión 3.