Economía
O vindeiro luns, 19 de decembro, na Casa do Concello de 10 a 14 horas terá lugar dentro do Programa de Economía Circular un Obradoiro de CoCreación no que se traballará o deseño colectivo dun signo distintivo común (selo verde) para os establecementos comprometidos coa transición circular e sostible do turismo en Ribadeo.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “desde o Concello de Ribadeo quérese avanzar no deseño dun distintivo diferenciador que poña en valor aos establecementos que aposten pola sostibilidade e pola economía circular. Aproveitárase a xornada para debater e traballar sobre outras posibles iniciativas que podan xurdir arredor de todas as oportunidades que está a xerar a economía circular”.
A xornada estará aberta a todas persoas e establecementos que desexen participar...
leer másAta o 17 de outubro estará aberto o prazo de inscrición en Ribadeo + Economía Circular, un programa dirixido ao sector turístico da vila coa finalidade de promover a transición circular.
Ribadeo + Economía Circular nace como un programa de difusión, formación, asesoramento e acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico da nosa vila.
Onte tivo lugar o evento de presentación ao que acudiron representantes de negocios locais de hostalería e restauración para profundar no concepto de economía circular da man da Cooperativa Alén, especialistas no deseño e aplicación de medidas circulares.
Acudiu tamén ao encontro Renata Lema, xerente dos aloxamentos turísticos Cabañitas del Bosque, situadas no concello...
leer másA Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo presenta outro dos enfoques do Ribadeo Suma e que leva por nome, Ribadeo + Economía Circular, que é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico.
O programa contará con 3 fases.
O concelleiro Pablo Vizoso explica que “a primeira fase de difusión do programa no que teremos un charla cun negocio que xa está a pór en práctica medidas circulares como é o proxecto Cabañitas del Bosque. Neste encontro aproveitaremos para explicar o programa e as persoas profesionais e especializadas que levarán a cabo o proceso”.
O encontro será o vindeiro 5 de outubro ás 17:30 horas na Casa do Concello e está aberto a todas a...
leer más