Infantil

Etiquetas:
02/02/2020

El origen del hielo, musical tributo a Frozen, chegará ao Auditorio Municipal de Burela directamente desde a Gran Vía de Madrid o 29 de Febreiro da man da Compañía Onbeat. 

Co seu estilo interactivo co público, a calidade das súas voces, a espectacularidade das súas coreografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo, onde dous personaxes fan de presentadores das cancións, a diversión en familia está garantida. Máis de 450.000 espectadores viron xa as súas obras en toda España.

A historia relata que o clima está afectando ao planeta e a consecuencia máis inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Xulia decide investigar a orixe do xeo e buscar a alguén que teña o poder suficiente para crealo. Na súa procura descobre a un boneco de neve que lle conta a historia que...

leer más
Etiquetas:
22/01/2020

O grupo de teatro A Adala Infantil representará en Cervo a obra Que cousas pasan no Camiño.

A actuación terá lugar o domingo, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo. A entrada é libre.

Esta é a segunda obra que interpretan sobre os escenarios os novísimos actores do grupo de Foz e que presentaron xa hai máis dun ano.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.

 

Etiquetas:
20/12/2019

O programa de actos do Nadal en Xove vai comezar coa chegada de Papá Noel, este sábado, día 21, quen, despois de visitar a Residencia da 3ª Idade, vai estar ás 19:00 horas no Pavillón Municipal, onde vai recibir a tódolos nenos.

De seguido tódolos nenos disfrutarán dunha Festa con dinamización musical a cargo da emprega IG10. 

Dado que o tempo está invernoso, nada mellor que unha chocolatada. Pois ben, poderemos disfrutar dunha chocolatada gratuita ata agotar existencias.

E o domingo, día 22, haberá teatro infantil.  O grupo de teatro infantil ADALA  de Fazouro vai a representar a obra “QUE COUSAS PASAN NO CAMIÑO!”. A función vaise desenvolver ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Sinopse: Esta é unha obriña que trata sobre o amor verdadeiro. Un...

leer más
Etiquetas:
20/12/2019

O próximo 24 de decembro a A.C.R Fervenza de Sargadelos organiza, como é habitual, a Noiteboa Infantil nas Antigas Escolas de Cervo. 

As actividades comezarán ás 16 horas coa ludoteca de xogos de madeira, educativos e orixinais para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes. Despois, nesta ocasión, a Asociación apostou por Mamá Cabra, un dos grupos pioneiros da música infantil galega, que interpretará, por volta das 18 horas, grandes éxitos das súas publicacións, ben como panxoliñas extraídas do seu libro "Xa me tardan estes magos". 

Nada máis rematar o espectáculo, haberá chocolatada para todas as persoas asistentes e, ás 19:30, Papá Noel recibirá a todas as crianzas. Por último, realizaránse os sorteos dunha cea para dúas persoas, unha cesta e un lote de viños nos locais O Caseto...

leer más
Etiquetas:
27/10/2019

A Concellería de Dinamización e Participación Veciñal de Barreiros organiza unha festa infantil de Samaín que se celebrará o 31 de outubro nas Escolas ao lado do Concello de Barreiros.

A festa está dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (nados entre os anos 2008 e 2016). A inscrición pode facerse na Biblioteca Municipal e Oficinas Xerais do Concello ata o luns 28 de outubro.

A festa desenvolverase entre as 10:00 e as 13:30 horas e celebraranse obradoiros de cabazas, manualidades, lectura de contos de Samaín, decoración da Casa do Concello e degustación de comida terrorífica para os participantes, cortesía da Asociación de Hostelería de Barreiros.

 

Etiquetas:
01/08/2019

O Concello de Foz programa para este mes de agosto varias funcións de teatro infantil que se representarán na Sala Bahía.

O luns 5, ás 21:00 horas, Limiar Teatro porá en escena Don Quixote. Unha comida gastronómica.

O martes 6, ás 21:00 horas, actuará Pérez & Fernández que presentará Aguratrat.

O luns 12, ás 21:00 horas, Educateatro Produccións representará Os tres porquiños.

O martes 13, ás 21:00 horas, A Adala Infantil presentará ¡Que cousas pasan no Camiño!.

 

Etiquetas:
22/02/2019

A compañía Elefante Elegante presenta este sábado, 23 de febreiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a obra Patapatúm. A representación dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.

Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre país e fillos. Conta como os país e as nais adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes aos seus fillos e ocupacións permanentes para que non se aburran, pero o aburrimento non é sempre negativo e pode desenvolver a súa creatividade. Por outra banda pode acontecer que eses obxectos materiais intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.  

 

Etiquetas:
19/02/2019

A Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo. A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.

 

14/02/2019

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.

Etiquetas:
14/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 16 de febreiro, a representación da obra "Frankenstein. No soy un monstruo", a cargo de Pata Teatro. A función dará comezo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia, dirixida a nen@s de 6 a 12 anos, que é unha versión libre da obra clásica de Mary Shelley máis centrada na humanidade do personaxe, na pureza e nobreza da creación do doutor Frankenstein.

En 2018 celebrouse o 200 aniversario da publicación da novela de Mary Shelley.