Infantil
Malasombra Teatro porá en escena en Viveiro “Os Fabulosos Cleaners”. Será o 9 de decembro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A representación está dirixida ao público infantil e familiar.
Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia.
O creador alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo de Malasombra
Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha...
leer másO grupo teatral Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz, representará a obra “O menciñeiro á forza” este venres, 8 de decembro, ás 20:00 horas na Escola da Órrea, no municipio de Riotorto. A entrada é de balde.
É unha actividade organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea, co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).
A Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, 1 de decembro, ás 20:30 horas a proxección do filme animado “Bella e o circo máxico”, para todos os públicos.
Forma parte da iniciativa Cine na Rúa, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a entrada será de balde.
El auditorio municipal de Burela acoge el musical Disney Rock el día 22 de septiembre, viernes, a las 19:00 horas. Las entradas disponibles en la web lagranentrada.com y son de dos tipos: en anfiteatro a 13 euros y en patio de butacas a 15 euros.
Es un musical con personajes de cuentos de Disney y versiones de canciones míticas del pop y del rock desde los años 80 hasta ahora. Las voces son en directo y están acompañadas de proyecciones con vídeo mapping y un espectacular vestuario.
Desde o CCH de Viveiro sinalan que “o obxectivo destas colaboracións é poñer en valor o cine, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro suman forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos”.
E lembran que “o ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine, e dado o éxito de afluencia poñémolo en marcha unha vez mais, e xa van con esta tres campañas durante este curso 22-23, desta volta con novidades”.
Desde o colectivo empresarial indican que “en aras de seguir mellorando a experiencia, imos poñer en marcha a promoción durante...
leer másFiesta Mágica, o musical dos grandes musicais, será representado na Casa da Cultura, de Burela, o 1 de Maio ás 18:00 horas.
Trátase dun divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas.
Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizá a súa amizade estea en perigo pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demáis lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led...
leer másEste sábado, 28 de xaneiro, ás 17:30 horas na Sala Bahía de Foz celebrarase o XIII Festival Infantil da Subela, no cal renderán homenaxe á figura da pescantina.
A organización anuncia: “ademais teremos o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso. Anímate a vir e colabora co Banco de Alimentos de Foz facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá biscoito e chocolate”.
Xa están á venda as entradas para o musical La gran aventura de los Reyes Magos, que chegará a Burela o 29 de decembro, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés dixo: “desde la Delegación de Cultura del Concello de Burela queremos anunciar que vamos a tener un musical el 29 de diciembre, en plenas fechas navideñas. Se titula La gran aventura de los Reyes Magos, de La Gran Belleza Producciones, que ya nos trajeron aquí otros musicales, como por ejemplo el de Coco, que tanta calidad y tan buena acogida tuvieron. Así que estamos seguros de que este también tendrá esa calidad que tanto valoramos en todos los eventos que celebramos en el auditorio de Burela”.
Díaz explicou que “están las entradas ya a la venta. En los grupos de whatsapp de Cultura y también en el facebook de la...
leer másTeatro Infantil este sábado, 5 de novembro, coa obra Duncan de Palleiro con Lila Teatro. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro a partires das sete da tarde e con entrada de balde.
A actividade enmárcase no Circuíto de Teatro Profesional da provincia de Lugo no Ciclo Miúdos Seráns. Breve sinopse da obra:
“Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro. Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.
Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso.
... leer másA duración de “Cubo”, que terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ten unha duración de 45 minutos. Será o vindeiro sábado, 29 de outubro, a partir das 19:00 horas.
En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Un quere viaxar cara un lado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?
“Apetece caer pra riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de...
leer más