Infantil
A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.
A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.
O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.
Burela acollerá a representación dun novo musical infantil o vindeiro 12 de xaneiro. Trátase de Supercalifragilístico que rende homenaxe á famosa Mary Poppins. As entradas xa están á venda no restaurante Mis en Plas e en www.woutick.es
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “desde o Concello de Burela queremos anunciar a presenza aquí en xaneiro da compañía Moita Merda, que vai traernos un musical infantil, un máis despois do que tivemos en decembro con moito éxito”.
O edil socialista explicou que “será o sábado 12 xaneiro ás seis da tarde. Chámase Supercalifragilístico. É un musical sobre a personaxe de Mary Poppins, de sobra coñecida por todos nós. Foi unha película de Walt Disney que se estreou no ano 1964, tivo moita repercusión, foi candidata a varios óscars e gañou...
leer másA compañía La Bicicleta, elenco estable do Teatro Sanpol de Madrid, porá escena este sábado, 29 de decembro, no auditorio municipal de Burela Rapunzel, a bonita historia fabulada polos irmáns Grimm convertida nun divertido e xoguetón espectáculo musical para @s máis pequen@s. Será en dobre función ás 18:00 e ás 20:00 horas.
A música de George Gerschwin, as cancións e os bailes enmarcan a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro encerrada nunha torre que non ten escaleiras.
Durante anos o único lazo que une á moza co mundo exterior é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase “Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira” a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. E a bruxa sobe por ela e asegúrase de que continúe sendo a súa prisioneira.
... leer másA asociación cultural Fervenza de Sargadelos organiza, un ano máis, a Noiteboa Infantil no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto de Cervo, que se celebrará o próximo 24 de decembro.
As actividades comezarán ás 16:30 horas con xogos de madeira, educativos e orixinais, para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes.
Ás 18:30 horas, presentarase o espectáculo O Crebanoces, unha combinación de teatro actoral e monicreques, que irá da man da actriz Larraitz Urruzola. Ao remate da función haberá chocolatada para todas as persoas asistentes.
Ás 20:00 horas Papá Noel recibirá aos nenos e nenas, e realizarase o sorteo dunha cea para dúas persoas, unha cesta de cinco quilos de centolos nos locais O Caseto de Copa e O Almacén
Esta actividade conta...
leer másO salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XI Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na vila os días 2 e 3 de xuño a un total de 24 equipos. No acto participaron o concelleiro de Deportes, David Rivas, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e Miguel Peña, membro da directiva saínte da SD Ribadeo.
O edil de Deportes dixo que “desde o Concello debemos felicitar á SD por esta labor que fai todos os anos. Levar quince anos consecutivos organizando estes torneos de verán non é fácil, e máis agora co complicado que se puxo a organización de calquera evento coa lei nova do deporte. Esta xente non só celebra os torneos e os mantén ano tras ano, senón que aínda aumenta o número de equipos. Queremos desde o Concello...
leer másA asociación Amigos da Gaita organiza a VII edición do Festival Infantil o sábado, 5 de maio, en Ribadeo.
As actuacións, que terán lugar no Cine Teatro, darán comezo ás 17:30 horas.
Intervirán a Asociación Os D´Eiquí de Taboada, Os Gaiteiros de Adelán de Alfoz, a Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco de Vilalba e os anfitrións, Amigos da Gaita de Ribadeo.
Colaboran coa asociación Amigos da Gaita Galega, o Concello de Ribadeo, Teatro Filantrópica e a Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, inclúe no calendario de EntroidounhaFesta Infantil para os máispequenos. Será o luns, 12 de febreiro, ás 17:30 horas, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A edil de Cultura, Dolores García, presentou a cita cosnenos que conforman o grupo municipal de teatro PimPim e anunciou que un dos pratosfortes da Festa será o espectáculo La Granja “co que faremos un percorrido musical en directo polos temas máiscoñecidos da discografía infantil en el que se presentará un recorrido musical en directo por los temas más conocidos de la discografía infantil, con cancións como «Susanita tiene un ratón», «Vamos a contar mentiras», «La gallina turuleta», «Los pajaritos», «Mi familia» ou «Veo, veo».
Ese día haberá tamén un pasarrúas a cargo do...
leer másA compañía Teatro Crea de Viveiro presenta a obra E ti, sabes de que cor son todas as laranxas?.
Esta representación terá lugar o domingo, 28 de xaneiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz. O prezo da entrada é de 2 euros.
A obra, dirixida a un público infantil e familiar, está dirixida por Lara Fernández Noriega cun guión inspirado en textos de Carlos Casares.
Elefante Elegante estará o sábado, 16 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, con “A danza da choiva”.
Esta obra gañou o Premio María Casares 2017 ao mellor Espectáculo Infantil, e cóntanos qué acontecería se de súpeto deixase de chover, non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre. María Torres e Gonçalo Guerreiro son autores e directores desta montaxe.
Trátase dun espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan ao público familiar e infantil a partir dos 3 anos.
A representación dará comezo ás 18:00 horas e a duración é de 50 minutos.
El musical La Bella y la Bestia estará en Viveiro el viernes 15 de diciembre. Esta actuación se representará en el Teatro Pastor Díaz a las 18:00 horas.
Los precios de las entradas son 15 y 18 euros, y ya están a la venta en anticipada. Pueden adquirirse en la taquilla del teatro de 9:00 a 13:30 horas.
Este musical está basado en la película homónima de Disney de 1991, que a su vez es una adaptación del cuento de hadas francés escrito por Jeanne-Marie Leprince de Beaumont en el siglo XVIII. El espectáculo relata la historia de un joven príncipe que es transformado en una horrible bestia como castigo a su comportamiento cruel y egoísta, y de una hermosa muchacha llamada Bella a quien la bestia encierra en su castillo a cambio de la libertad de su padre. Para convertirse en humano otra vez el príncipe deberá ganarse...
leer más