Foz
Este venres, 19 de marzo, ás 12:00 horas a Sala Bahía, de Foz, acolle un espectáculo infantil a cargo do contactontos Caxoto. Está organizado polo Concello focense en colaboración co programa Educando en familia.
Debido as medidas anti-Covid o aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.027-Extensión 3 para reservar previamente as entradas, que son gratuítas.
O Concello de Foz organiza, coa colaboración da ACIA-CCA, unhas xornadas gastronómicas nos meses de marzo e abril, nas que investirá unha cifra total de 20.000 euros. Este programa de promoción parte das medidas de impulso á hostalería acordadas co sector, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Ademais o rexedor municipal recorda que “no pleno do mes de febreiro procedeuse á aprobación da derrogación da ordenanza fiscal de terrazas, co cal se elimina o cobro desa taxa durante un período dun ano, e anteriormente emitiuse un decreto eliminando o cobro das terrazas e do lixo durante o peche obrigado dos establecementos. O sector hostaleiro é un dos máis afectados pola pandemia e a pesar de que o organismo con competencias e medios - a Xunta de Galicia - é quen ten que indemnizar polas medidas de restricións impostas, os concellos tamén debemos...
leer másO Concello de Foz expón dez acuarelas da artista Isabel Fernández no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares Rodríguez, anuncia: “acabamos de inaugurar unha exposición de acuarelas no Centro de Interpretación da Basílica para disfrute de todos os veciños e veciñas. Son 10 acuarelas sobre a propia basílica, o retablo pétreo, o cruceiro, a Fonte da Zapata ou a capela do Bispo Santo, que forman parte dunha colección máis ampla, de 70 acuarelas da artista Isabel Fernández sobre diferentes lugares e puntos de interese turístico, patrimonial e cultural do noso concello e que xa foran expostas na época de Pepe Rivera na Alcaldía focense”.
Chema Linares explica que “as acuarelas estaban gardadas nos sotos do CENIMA e tratamos de volver a poñelas en valor, de recuperar...
leer másEste venres, 12 de marzo, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a proxección do documental Por ser mujer, da directora Mercedes Resino. Está organizado polo Concello focense.
Este documental ofrece a testemuña de dúas mulleres nadas en familias ultraconservadoras que transgrediron os códigos familiares e comezaron un camiño de apertura á vida na España franquista dos anos 60.
O aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.675 para reservar previamente a entrada, que é gratuíta.
AciaFozCCA sorteará 1.000 euros na súa campaña do Día do Pai, que se desenvolverá do 5 ao 19 de marzo.
As persoas que realicen estes días as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA que participan nesta cita, entrarán no sorteo de 20 vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.
O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 24 de marzo.
AciaFozCCA continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé.
O presidente, José Carlos Paleo, anima “a facer as compras para o Día do Pai e San Xosé no comercio de Foz e a celebralo na hostalería local, de xeito seguro e cumprindo coa...
leer másAciaFozCCA fixo entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal. Xunto ao presidente, José Carlos Paleo, estiveron o alcalde, Fran Cajoto, e a secretaria de AciaFozCCA, Olaya Pedrosa.
O primeiro premio foi para Xanela, o segundo para Electricidad Núñez e o terceiro para Ofifoz. E Lourdes Moda Íntima obtivo unha mención especial. Todos recibiron un diploma e un detalle.
O Concurso de Escaparates de Nadal desenvolveuse do 15 de decembro ao 6 de xaneiro. Foi un xurado o encargado de elixir aos gañadores desta edición.
O Concello de Foz retomará o vindeiro sábado, día 6 de marzo, a súa programación cultural. A Sala Bahía acollerá ás 18.30 horas a representación teatral Aguratrat.
Dende o Concello explican que “é unha obra para toda a familia na que se conta unha bonita historia de amor e aventuras entre dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver, e a tartaruga desta última, Alfie. Baseada nun libro de Roald Dahl e levada a escena pola compañía Pérez&Fernández, buscará sacarnos un sorriso e enternecer os nosos corazóns”.
Para a realización desta actividade, seguindo o protocolo antiCOVID establecido, o aforo é limitado e haberá que reservar praza no teléfono 982.140.027, extensión 3. O custo das entradas é de 3 euros para os adultos e de 2 euros para os nenos.
La UNED-Aula Universitaria informa que continúa abierto el plazo de matrícula del segundo cuatrimestre en la UNED hasta el 10 de marzo. Periodo habilitado para Grado, Microgrado y Máster.
Se habilita este segundo período de matrícula para todas las asignaturas del segundo cuatrimestre de los estudios de Grado, Microgrado y la mayoría de los Máster Oficiales.
Esta opción se dirige a estudiantes no matriculados anteriormente y a quienes quieran ampliar asignaturas.
Quienes deseen participar en la prueba libre de Acceso a la Universidad para Mayores de 25 o 45 años, el plazo de matrícula se extiende hasta el 15 de marzo.
En esta convocatoria sólo se admite la modalidad de pago único.
La UNED-Aula Universitaria de Foz pone en marcha...
leer másA Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz anuncia o inicio das actividades para conmemorar o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro este 24 de febreiro. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Foz adhirese ao manifesto da AELG para conmemorar o día e dá a debida homenaxe a autora, que é xa universal.
Desde a delegación focense sinalan que “o pasado ano celebrábamos que o seu nome ten un sitio no firmamento tras nomear a unha estrela do espazo profundo como estrela RosalíadeCastro e ao planeta que xira en torno a ela planeta RíoSar. Para celebrar este 24 o día de Rosalía, o Concello de Foz, en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, presenta as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de Cantares Gallegos, dos orixinais que posue os fondos da...
leer másAs gañadoras dos premios do concurso de customización de mascarillas organizado polo Concello de Foz dentro do programa de actividades de Entroido son Lucía Pacio Iglesias e Azahara De la Peña González, en categorías de adultos e infantil respectivamente.
Ademais mañá, xoves, abrirá ao público a exposición sobre o Entroido focense que está instalada no CENIMA. Poderá visitarse ata o día 28 deste mes, respectando todas as medidas sanitarias anti-COVID.