Mostras
O próximo 18 de xullo terá lugar en Ribadeo a presentación do proxecto Argadelo. Será en dúas sesións: ás 11:30 horas no Centro de Día A Concordia e ás 20:30 horas na Escola das Anzas no que os asistentes compartirán cantos, risas e bailes. Argadelo é un proxecto que se desenvolveu en Vilaselán e nas Anzas, e promete ser un punto de encontro cultural e social para os veciños e visitantes da zona.
O venres, 19 de xullo, será a inauguración da exposición de acuarelas de Maite Díaz Castaño. A mostra, titulada “Imaxes de Ribadeo e a súa ría”, estará aberta ao público na Casa do Viejo Pancho, ata o 12 de agosto. A inauguración terá lugar este venres ás 19:00 horas.
Ese mesmo día dará comezo a exposición de fotografía de Fernando Páez. Dita mostra estará situada na sala de exposicións do Campo e poderá ser visitada ata...
leer másA sala das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, “está chea de vida este días, con dúas magníficas mostras que non vos podedes perder”, sinalan desde o Concello de Cervo.
Trátase dunha exposición de escultura, obra de Eduardo Rodríguez Osorio, que se pode visitar ata o 22 de xullo.
E unha mostra de pintura e arte en vivo de Laura Doldán Canedo, que estará aberta ata o 31 de agosto.
Horario de apertura de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, e a fin de semana de 10:00 a 20:00 horas. Pódese solicitar cita previa fóra destes horarios no teléfono 623 41 61 08
O próximo luns,1 de agosto, serán inauguradas as exposicións “A Memoria do Son. Réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria a Catedral de Santiago de Compostela”.
Os sons poderanse escoitar a través de códigos QR. E tamén a exposición "O Camiño de Santiago en Burgos". Ao mesmo tempo farase a presentación das Carpetas de Indumentaria Tradicional, unha actividade adicional nesta XLII Mostra Folklórica Internacional.
As exposicións estarán abertas ao publico dende o 1 ó 8 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro / Biblioteca Municipal.