Proxección

18/03/2025

Mañá, 19 de marzo, ás 20 horas o Salón dos Alcades do Concello de Ribadeo acollerá a proxección de “A Nave das Marías”, de Cris Andina. 

Dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo convidan a asistir á devandita proxección de “A Nave das Marías”, documental finalista dos Premios Mestre Mateo, que explora o teatro como ferramenta de intervención social.

Esta obra, creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur, dá voz a mulleres migrantes, ofrecendo un espazo de participación e visibilización para impulsar a sensibilización en cuestións de xénero.

Tras a proxección,  haberá un coloquio coas directoras Saamira Ganay e Cris Andina, unha oportunidade única para coñecer máis sobre o proxecto e o impacto do teatro na igualdade.

A actividade enmárcase na...

leer más
Etiquetas:
03/03/2025

Co gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa "Cine na Rúa", ofrecendo a proxección do filme "Oro Blanco". A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

"Oro Blanco" é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.

Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e...

leer más
Etiquetas:
25/08/2024

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, o vindeiro xoves, 29 de agosto, ás 20:30 unha proxección do filme documental  A Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
 
Desde A Pomba do Arco explican que “A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva O Gafas”.
 
E engaden que “Marcelino Fernández Villanueva O Gafas foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo”.
 

 

24/12/2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dende a súa Área de Cultura, achega a Barreiros dúas sesións de cinema curto o vindeiro 27 de decembro.

Trátase de Nena, unha curtametraxe de Xosé Antonio Touriñán
Máis info: https://nena.gal/

E deA Rabia, curtametraxe de Alberto Díaz.
Máis info: https://www.aldiaz.es/piezas/a-rabia/

Proxectaranse as dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente e logo, haberá coloquio coa presenza dalgún membro do equipo.

En Barrreiros as proxeccións serán o mércores, 27 de decembro, ás 20:30 horas no centro sociocultura de San Cosme. E no Valadouro o xoves, día 28, ás 19:00 horas na Casa da Cultura. 

 

20/12/2023

O vindeiro 28 de decembro haberá en Ribadeo unha proxección dedicada ao intento de construción dunha central nuclear en Xove a finais do anos 70. 

Trátase do documental "Xove. Democracia nuclear", de Pedro Lechuga Mallo. Será o 28 de decembro ás 20.30 horas, no Teatro de Ribadeo, segundo informa a Agrupación Cultural Francisco Lanza. 

Etiquetas:
28/11/2023

A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.

A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible...

leer más
22/11/2023

O documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.

Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.

07/11/2023

En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde así como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme Agromantes, con guión e dirección de Cora Peña, o xoves 9 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo).

Agromantes é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada.

Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.

18/10/2023

A Fundación Galiza Sempre presenta o 25 de outubro, mércores, o filme documental “Xove, democracia nuclear”. A obra, que recolle a loita das veciñas e veciños da comarca da Mariña contra a central nuclear de Xove na década dos anos 70, proxectarase ás 19:30 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

“Xove, democracia nuclear” é un filme dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo e nel participan militantes históricos do nacionalismo e veciñas e veciños da comarca da Mariña que xogaron un papel vital na oposición á central nuclear. Un deles, Francisco Luís R. Guerreiro, será o encargado de guiar o coloquio posterior á proxección do documental.

A entrada é de balde até completar o aforo.

Etiquetas:
27/09/2023

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 6 de outubro ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, a proxección dun documental sobre a loita dos veciños da Mariña contra a central nuclear de Xove. 

O acto estará introducido por un dos protagonistas daqueles feitos, o viveirense Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.