Foz

Etiquetas:
15/01/2021

O Concello de Foz, coa colaboración de ACIA Foz-CCA presenta hoxe, venres, as xornadas de apoio á hostalería IMPULSA FOZ, que inclúen premios. As primeiras, desde o 21 ao 24 deste mes, están dedicadas ao chícaro (berberecho), porque este ano non se celebra na vila focense a súa tradicional festa gastronómica dedicada a este marisco.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “para todos aqueles focegos e focegas que desfrutan da hostalería local levando á casa a comida preparada polos nosos cociñeiros, degustando con todas as medidas sanitarias e con conviventes dun bo viño e un manxar da nosa terra, en xaneiro e febreiro haberá premio. Semanalmente, farase un sorteo de todos os vales depositados nas furnas dos locais participantes, con 10 premios semanais de 50 euros. Consistirán nuns cheques que se poderán canxear tanto nos locais de hostalería...

leer más
Etiquetas:
11/01/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta do ano ao alto do Picato, en Trabada, o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.

A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 9:00 horas tamén desde Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o venres, 15 de xaneiro, nos números de teléfono 606 718 482 ou 670 369 017 e na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. A actividade é de balde para os socios federados e ten un prezo de 3 euros para os socios non federados e de 4 euros para o socio temporal.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade. 

Etiquetas:
07/01/2021

Xanela Agasallos e Complementos gañou o Concurso de Escaparates convocado por AciaFozCCA. O segundo premio foi para Electricidad Núñez e o terceiro para Ofifoz. 

Un xurado foi o encargado de elixir aos tres escaparates premiados. Esta nova edición do concurso desenvolveuse entre  15 de decembro e o 6 de xaneiro. Os participantes enviaron as súas fotos a AciaFozCCA, que procedeu a publicalas no facebook da asociación para que todo o mundo puidese velas. 

Mención especial recibiu Lourdes Moda Interior e Baño pola decoración realizada á entrada do seu establecemento. 

Os premiados no Concurso de Escaparates de AciaFozCCA recibirán un diploma e un detalle. 

Desde a asociación agradecen “a participación nesta nova edición do concurso, así como a decoración realizada...

leer más
Etiquetas:
29/12/2020

As Casas Reais dos Magos de Oriente e o Concello de Foz asinaron un convenio interadministrativo para facilitar a entrega de agasallos ás nenas e nenos focegos neste Nadal 2020 a pesar das restricións horarias pola pandemia.

Nun contexto especialmente duro pola crise sanitaria, que provocou moitas dificultades ás pícaras e pícaros focegos, e tendo en conta que o comportamento das nenas e nenos de Foz foi excelente, salvo casos moi puntuais e en contadas ocasións, as Administracións asinaron este acordo para facilitar a entrega de agasallos.

Os asinantes analizaron e trataron en profundidade as dificultades do horario de restrición de mobilidade ás 23 horas e as escrupulosas medidas sanitarias para evitar a expansión do COVID, que ralentizan a entrega de agasallos en todo o mundo. Por este motivo o Concello de Foz...

leer más
Etiquetas:
26/12/2020

O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse. 

Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado. 

No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.

Etiquetas:
21/12/2020

Os Reis Magos de Oriente, en colaboración con operarios municipais do Concello de Foz, procederon á colocación de 12 buzóns para facilitar a achega de cartas ás nenas e nenos de todo o municipio.

O rei Melchor incidía na importancia de que os buzóns estean preto das casas, repartidos por todo o concello, para que os desprazamentos sexan os mínimos debido aos protocolos polo COVID que hai que cumprir este ano. Así, dispuxéronse catro buzóns repartidos polo casco urbano e outros oito, un por parroquia, para que todos os rapaces teñan a posibilidade de enviar as súas peticións.

O rei Gaspar aplaudía o ben que están a levar as medidas todos os pequechos, xa que puido observar que sempre saen á rúa coa máscara posta. E Baltasar lembrou que terán en conta os comportamentos durante todo o ano, pero tamén as dificultades...

leer más
Etiquetas:
20/12/2020

Presentado o programa DIVERFOZ para estas datas de Nadal, a cargo da concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas.

Desde este departamento sinalaron que “levamos meses cunha situación epidemiolóxica que provoca que non poidamos realizar algunhas das actividades habituais, pero desde a Delegación de Xuventude e Deporte non renunciamos a ofertar programas como Aberto x Vacacións ou as Escolas Deportivas Municipais. A organización e desenvolvemento destas actividades supón un esforzo e responsabilidade maior, pero cremos que o deporte, así como o desenvolvemento persoal e social na infancia e na mocidade, é esencial para o presente, pero tamén para o seu futuro. Por este motivo, a pesar da complexa situación, continuamos co reto de ofrecer actividades que agardamos sexan atractivas e nas que poñemos moita ilusión”.

... leer más
Etiquetas:
19/12/2020

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o domingo 27 de decembro poderase gozar en Foz da mellor música. O grupo Suakai levará ao escenario da sala Bahía a mellor música en directo, con instrumentistas ao máis alto nivel. O espectáculo, que leva por nome Luces, música, ¡acción!, traslada a emoción do cine á sala focense con bandas sonoras orixinais en directo.

Inés López explica que “nos 75 minutos que dura o público poderá gozar dunha viaxe a través das bandas sonoras máis relevantes e atractivas da historia do cine. Todas elas acompañadas de imaxes e luces, sincronizadas coma na gran pantalla”.

A edil de Cultura recomenda “a asistencia ao acto central da nosa programación de Nadal, que está cargada de pequenas sorpresas para todos, pequenos e grandes, pero con este concerto queremos achegar á...

leer más
Etiquetas:
18/12/2020

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza, un ano máis, o seu belén de cumes o vindeiro domingo, 20 de decembro, e nesta ocasión será no pico de Cornería.

A saída será da capela do Carme de San Martiño ás 9:30 horas.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 18 de decembro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é de balde e inclúe o seguro de accidentes.

Os asistentes poden levar figuriñas para facer un belén de maior tamaño.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.

 

Etiquetas:
14/12/2020

A concelleira de Cultura focega, Inés López Couto, anuncia que “comezan a encherse os días de actividades en Foz, despois do pequeno adianto destas semanas pasadas, co acendido das luces de Nadal antes da ponte da Constitución e coa obra de teatro do grupo O Centiño, que tivo unha dobre finalidade: a de achegar un pouco de ledicia a todos e facer unha recadación solidaria”.

Inés López especifica que “coma todos os venres e sábados, DJ Popy seguirá amenizando as compras nas rúas focegas coa súa música. O Concello sigue animando a todo o mundo a comprar no comercio local. E a Delegación de Cultura organiza para este venres, día 18, un recital musical de poemas inéditos de Xosé Neira Vilas, chamado Cantos de Amor; poderase desfrutar del ás 20 horas na Casa da Cultura. O sábado comezarán a chegar os elfos de Papá Noel, que durante a mañá...

leer más