Foz
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “continúa a programación disposta para a edición XXXIX e ¾ do Carnaval máis grande de Galicia, o de Foz, e mañá, martes, día 16 de febreiro, o Concello procederá á emisión a través da súa canle de Youtube do vídeo Escaparates Entroido 2021, realizado por Pablo Cid”.
Inés López explica que “a iniciativa de engalanar os escaparates da vila cos traxes do noso Entroido xurdiu dunha proposta de Olalla Rodríguez, da comparsa Trouleiras, nunha das reunións telemáticas organizadas polo Concello con todos os grupos do Carnaval de Foz. A verdade é que foi un auténtico éxito e a Televisión de Galicia, a Televisión Española, a Fundación TIC, da Deputación de Lugo, e máis medios de comunicación viñeron facerse eco da iniciativa, na que colabora a ACIA local e outros moitos comercios”.
... leer másPastelería Anduriña, de Foz, sorteó entre su clientela 12 comidas para celebrar el Día de los Enamorados. En la cita participaron todas las personas que hicieron compras por importe superior a 10 euros en sus instalaciones o a través de la web www.andurinafoz.com.
Los afortunadas y las afortunadas pueden llevar la comida para sus casas, en el caso de los locales que cuenten con este servicio, o esperar a que reabra la hostelería. Los ganadores del sorteo realizado a través de Radio Foz son: Noelia Díaz, de Foz, que disfrutará de su premio en Dandy; Estrella Rodríguez, de Madrid, en Pizzería Xoiña; José Naray, de Foz, en Xoiña; Ana Mª Couto, de Fazouro, en O Lar; Sabela Castiñeira, en Portochico; Marina González, de Foz, en Costumes do Mar; Nina Zaitello, de Madrid, en A Quinta; Luz Valmayor, en Casa...
leer másO Concello de Foz está a ultimar os preparativos para a celebración deste Entroido diferente, que terá revista, vídeo conmemorativo, baile do farolillo nas casas e concurso de customización de mascarillas.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “este ano 2021 conmemoraríase o 40 aniversario desta festa, pero debido ás circunstancias sanitarias deberá atrasarse. Polo que se organiza a edición especial do XXXIX e ¾ Entroido de Foz. Un pobo cunha tradición de tantos anos entroideiros non pode deixar de facer pequenas actividades dentro das posibilidades e co máximo respecto ás medidas anti-COVID. Por iso dende a Delegación de Cultura lévase tempo traballando en varias ideas que tentarán animar as casas das familias focegas e aqueloutras que queiran unirse á festa virtual”.
Inés López especifica que “...
leer másO Concello de Foz, dende a Delegación de Turismo, prosigue a colaboración estreita co presidente da Asociación A Rula, Salustiano Niñe, desta banda coa cesión de material fotográfico, que estaba arquivado no Cenima, para a súa incorporación ao proxecto do Museo do Mar de Foz.
O concelleiro de Turismo, José María Linares, salienta “a importancia da historia e as raíces tamén na dinamización turística e neste campo o traballo desta asociación e de tremenda importancia”.
Debido á actual situación de pandemia o IES de Foz vese obrigado a adiar o que sería o XIV Campionato Internacional de Baristas, que se viña celebrando todos os anos. Co fin de facer algo simbólico e non perder o espírito barista, dende a organización do evento decidiron facer unha serie de videoconferencias orientadas a Escolas de Hostalería os días 10, 11 e 12 de febreiro, entre as 09.00 e as 12.10 horas.
Estas actividades serán emitidas por Webex en aberto e tamén se gravarán para que aqueles que non poidan conectarse nese horario poidan visualizalas máis tarde. O alumnado do centro asistirá ás
charlas dende as súas aulas, sempre mantendo os protocolos COVID.
A dirección do IES de Foz destaca que “o evento contará cun total de 12 relatores, que a través de charlas relacionadas co café achegarán un pouco...
leer másAciaFozCCA anima a facer as compras de San Valentín no comercio local e a disfrutar dos escaparates que xa están cheos de color e de disfraces para render tamén unha homenaxe ao Entroido de Foz, xa que neste 2021 non se poderá celebrar o tradicional desfile.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “temos tanto o Entroido como San Valentín á volta da esquina. Desde o Centro Comercial Aberto queremos animar á xente a que faga as súas compras para o Día dos Namorados no comercio local, onde xa poden atopar avances das coleccións de primavera. Os escaparates dos nosos establecementos están cheos de color e tamén de disfraces para celebrar ambas datas e para render homenaxe ao Entroido de Foz, xa que neste 2021 non teremos o tradicional desfile, debido á situación sanitaria que estamos a vivir”.
...
leer másO alcalde focego, Fran Cajoto, anunciou a suspensión das xornadas gastronómicas imPULSA Foz, que comezaron a semana pasada. É unha das consecuencias das novas restricións sanitarias impostas pola Xunta de Galicia.
“Organizamos estas xornadas como un impulso á hostalería local, poñendo o acento no consumo responsable nos nosos establecementos e axudando a bares, restaurantes e comercios con 2.000 euros en vales canxeables en establecementos de Foz. Este mércores día 27 fíxose o primeiro sorteo, de 500 euros en 10 vales de 50 euros. Sen embargo dadas as novas restricións e o peche obrigado da hostalería, debemos ser consecuentes e proceder á suspensión temporal da campaña”, explicou Fran Cajoto.
AciaFozCCA colabora coa Escola de Música Municipal cunha achega destinada á compra de instrumentos e accesorios para o centro, que conta con 200 alumn@s e 7 docentes.
Felipe Sánchez, director da Escola de Música Municipal de Foz, sinalou que “para a miña sorpresa e para sorpresa da Escola foi unha grata noticia que desde AciaFozCCA quixeran poñer ese grao de area e colaborar tamén cos recursos da Escola. É de estar moi agradecido. Paleo achegouse á Escola e comentoume que querían apoiar as iniciativas da Escola, que vían o potencial que tiña e que querían aportar unha pequena axuda. E, tendo en conta as necesidades que tiñamos, distribuímos esta axuda entre varias especialidades, entre violín, percusión, música e movemento e música moderna, un pouco quixemos suplir algún material que se precisara e agradecéndoo moitísimo. Entre ese...
leer másEste xoves comezan as xornadas gastronómicas ImpulsaFoz coas dedicadas ao do chícaro. O alcalde, Fran Cajoto, explica: “recordamos así a festa do berberecho, un evento que se celebraba nestas datas e ao que acudían moitos veciños e veciñas de Foz e doutros lugares para degustar este riquísimo molusco”.
O rexedor municipal engade que “a seguinte fin de semana recordaremos o San Blas a través da tapa dos callos; xa metidos en Entroido teremos tapas de cocido; e tamén haberá as xornadas da cociña afrodisíaca, que xa viña realizando a ACIA local nos últimos anos coincidindo co día de San Valentín”.
Fran Cajoto destaca que “todos aqueles veciños e veciñas que acudan aos locais participantes, de xoves a domingo, poderán degustar unha tapa de chícaros ou mercar racións para levar e participarán no sorteo de 2.000 euros...
leer másPastelería Anduriña, de Foz, sorteará entre su clientela 12 comidas para celebrar el Día de los Enamorados.
Moncho Castro, el propietario de establecimiento, explica que “todas aquellas personas que realicen compras en nuestra pastelería hasta el 12 de febrero por importes superiores a 10 euros entrarán en el Sorteo de San Valentín. También participarán aquellos que hagan sus compras on line, a través de nuestra web www.andurinafoz.com”.
Y señala que “esos tickets con los datos de los clientes se introducirán en la urna que tenemos preparada en Anduriña y el 12 de febrero en Radio Foz, en directo, realizaremos el sorteo de las 12 comidas que vamos a regalar con el objetivo de apoyar a la hostelería local en estos tiempos tan difíciles que nos ha tocado vivir”.
Moncho Castro añade que “animamos a la gente a participar en...
leer más