Foz

Etiquetas:
21/11/2017

A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que terá lugar os días 28, 29 e 30 de novembro no Cenima de Foz.

O martes, 28 de novembro, intervirá Manuel Rivas. O mércores 29 participará Daniel Salgado. E pechará esta Festa da Palabra o xoves 30 Miriam Ferradáns. En total son tres os recitais poéticos dos que se poderá gozar nesta cita.

A Festa da Palabra celebrarase no salón de conferencias do Cenima de Foz, a partires das 20:30 horas.

Etiquetas:
19/11/2017

O próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”. 

No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.

 

Etiquetas:
17/11/2017

O 24 de novembro chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os sorteos terán lugar os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro e destinaranse 300 euros para o Campañazo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. 

O Campañazo poderase seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. 

Un total de 51 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz. 

Os que reparten os cartóns son: Alain Afflelou, armería Valibria Caza y Pesca, asesoría Marcos Fernández, calzados Pirde, carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, centro dietético Alba Vila, centro óptico...

leer más
Etiquetas:
11/11/2017

Os Sendeiros de Foz organiza dous andareiros para os meses de novembro e decembro.

O 26 de novembro terá lugar a ruta Cadramón-Viveiró, que discorre pola Serra do Xistral cunhas espectaculares vistas, se o tempo acompaña, véndose o mar e ata Vilalba e As Pontes. O nivel de dificultade é medio e recomendase levar equipo de sendeirismo. A saída será ás 8:00 horas do Concello. Para participar é necesario anotarse antes do mércores 22.

O 9 de decembro a ruta será pola senda costeira Fuciño do Porco dunha dificultade media. A saída será ás 8:00 horas do Concello,e para participar é preciso anotarse antes do martes 5. En ambos casos o número de prazas é limitado.

O prezo para cada unha destas viaxes é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non...

leer más
Etiquetas:
10/11/2017

ACIAFoz-CCA e a Federación de Comercio de Lugo organizan un obradoiro sobre Networking de innovación, renovación e consolidación comercial, que terá lugar o vindeiro luns, 13 de novembro, ás 13:30 horas na Casa da Cultura de Foz.

Desde a directiva do Centro Comercial Aberto explican que “se trata dun taller dirixido a comerciantes para dar a coñecer aos empresarios do sector aspectos relacionados co seu negocio e co consumidor, como a normativa de consumo, axudas, novas tecnoloxías, comercio electrónico e fidelización, entre outros”.

Nesta actividade participará Yolanda Vázquez, quen presentará o relatorio A orde está ligada ás vendas. Os 10 tips clave. Yolanda Vázquez conta cunha ampla experiencia no mundo da imaxe, a decoración, o escaparatismo e o visual merchandising e falará da orde como clave do éxito...

leer más
Etiquetas:
08/11/2017

Este sábado, 11 de novembro, na Librería Bahía haberá “unha nova sesión de Familias que contan, o proxecto que levamos adiante na librería no que son as propias familias as que preparan unha historia para contar, aberta a todo o público”, explican desde este establecemento. 

O sábado ás doce da mañá a historia vai ser “O peixe de cores”

Van contar: Ana Belén Otero Montenegro coa súa filla Sofía Cordal Otero e Isabel Sánchez Corral co seu fillo Adrián Fernández Sánchez.

Ademais o 10 de novembro celébrase o día das librerías, “e este día teremos un 5% de desconto en todos os libros –desconto máximo permitido pola lei do libro- e celebraremos unha sesión do obradoiro de escritura que leva adiante na Librería Bahía o poeta Eduardo Estevez”, engaden. 

 

Etiquetas:
07/11/2017

O Concello de Foz quere dedicar a un tema monográfico a cea de coroación da raíña ou rei do Entroido, que se celebrará o 27 de xaneiro, sábado, na Sala Bahía.

Dende a Concellaría de Cultura anunciaron: “imos facer para o Entroido de 2018 unha proposta de cea baile de coroación monotemática. Así pregamos que votedes nas redes sociais do Concello de Foz (facebook, twitter, web, instagram e na aplicación Looking Foz). Das seguintes opcións podedes sinalar as 2 que máis vos gusten. O prazo de votación será dende o xoves 9 ata o domingo 12 deste mes de novembro ás 24.00 horas. As propostas son Salvaxe Oeste (o Oeste, na Norteamérica entorno ao ano 1800, é unha das épocas máis tolas e cruentas con personaxes históricos do máis pintorescos: indios, cowboys, sheriffs, pistoleiros, barmans, xogadores e chicas de salón, foraxidos, ….); Piratas...

leer más
Etiquetas:
06/11/2017

O Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas, que dará comezo este xoves, día 9. Estas conferencias, que foron presentadas hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a xerente executiva do Hospital da Costa, María José Cortés Canay; e a subdirectora médica do centro, Eva López Roca, continuarán os días 16 e 23 deste mes e terán lugar na Casa da Cultura, ás 20:00 horas. Os temas que se abordarán este ano serán o cancro de mama, o cancro de colon e o ictus.

O rexedor focego anunciou: “vimos de presentar unha edición máis das charlas médicas do Concello de Foz. Son xa máis de quince anos cun clásico no mes de novembro. Empezaremos este xoves, día 9, e son tres charlas que coinciden todos os xoves ata o día 23, na Casa da Cultura, con diferente temática. Neste caso apostamos o primeiro día polo cancro de...

leer más
Etiquetas:
03/11/2017

La UNED-Aula Universitaria de Foz organiza  cursos de monitor de tiempo libre, de dibujo, de biodiversidad y conservación marina y sobre el manejo de las emociones en la etapa preescolar. Fueron presentados por la coordinadora del centro, Fuensanta Otero Beltrán, y por el alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

El curso de monitor de tiempo libre comenzará el día 18 de este mes de noviembre y concluirá el 22 de abril de 2018. Las plazas son limitadas y es para mayores de 18 años que tengan EGB, ESO, FP o equivalente.

La actividad formativa sobre el manejo de las emociones en la etapa preescolar se iniciará el 24 de este mes y terminará el 19 de enero. Se puede realizar con asistencia presencial en el aula o por internet, en directo o diferido.

En cuanto al curso de dibujo será de nivel...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017
A Biblioteca Pública Municipal e a OMIC do Concello de Foz organizan o XVI Concurso de Postais de Nadal 2017 para seleccionar a tarxeta coa que felicitará oficialmente o Concello de Foz nas datas do Nadal. 
 
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, destacou que “é o certame deste tipo máis antigo da comarca. A participación nas edicións anteriores foi enorme, polo que esperamos que este ano tamén o sexa”.
 
A data de remate de presentación de traballos será o vindeiro 1 de decembro na Biblioteca Pública Municipal. Para calquera dúbida ou información poden dirixirse á propia biblioteca ou ben chamar ao teléfono 982.140.675.
 
As bases do concurso son estas:
... leer más