Foz

Etiquetas:
14/08/2017

Este mércores, día 16, abre as súas portas na explanada portuaria focense Foz Market con festival de food trucks, salón do automóbil e diversas actividades. Ese día, ás 20:00 horas, visitarán a feira o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de Acia/CCA Foz, José Carlos Paleo, e representantes dos partidos políticos integrantes da Corporación Municipal focense. A quinta edición da Feira Multisectorial, agora Foz Market, está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e o Concello de Foz.

En Foz Market haberá varias actuacións musicais. O mércores, día 16, actuará Doctor Crank, de Gijón, entre as 22:30 e as 00:00 horas. O xoves haberá sesión vermú de 13:00 a 14:30 horas, e sesión de noite de 22:30 a 00:00 horas co grupo Otus Scops, de Luarca. O venres 18 as sesións vermú e de noite estarán amenizadas por Mènage a trois, de...

leer más
Etiquetas:
11/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a oitava marcha nocturna polo paseo de Malates o vindeiro luns, 14 de agosto.

A saída será as 22:30 horas da praza Conde Fontao e ao remate haberá gran chocolatada e biscoitos gratis.

O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ata o sábado 12 de agosto. A organización lembra que é preciso levar lanterna ou farol.

 

Etiquetas:
09/08/2017

A XXIX edición do trofeo Villa de Foz de fútbol celebrarase o vindeiro domingo, día 13, no estadio Martínez Otero ás 19:30 horas. Enfrontaranse os equipos do CD Lugo e a SD Ponferradina e está organizado polo CD Foz coa colaboración do Concello. O evento foi presentado este mediodía.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, salientou: “estamos a presentar un dos eventos propios do verán do noso Concello, é a XXIX edición do Trofeo Villa de Foz. Neste ano a cooperación do Club Deportivo Foz, que sempre é moi boa, é moitísimo maior, e isto fai que o día 13, domingo, imos ter no Villa de Foz a dous equipos de primeiro nivel: tanto o Club Deportivo Lugo, de Segunda División, como a SD Ponferradina, da comunidade veciña, que está en Segunda B e con aspiracións a ascender a Segunda”.

O rexedor focense engadiu que “...

leer más
Etiquetas:
08/08/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o produtor KiKo López, presentaron en Foz o Tentacle Summer Fest 2017, o festival de música house que terá lugar os días 18 e 19 agosto nesta vila lucense.O Goberno da Deputación contribúe ao financiamento deste evento musical, na produción do mesmo.

García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación apostamos por estas iniciativas que contribúen a dinamizar as nosas nas vilas, sendo un importante revulsivo económico e turístico para a Mariña, pois esperase preto de 1.300 visitantes para asistir a esta nova edición.Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a todos os veciños, programacións musicais de todo tipo de xéneros, como o RessurrectionFest, o...

leer más
Etiquetas:
08/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o sábado, 12 de agosto, un novo andareiro do verán.

A ruta será á Frouxeira cunha dificultade media. A saída terá lugar ás 9:00 horas do Concello en bus ata o punto de partida.

O prezo é 2 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o xoves 10.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida para o camiño e auga.

 

Etiquetas:
07/08/2017

Mañá, martes, día 8, dará comezo en Foz o programa de actividades con motivo da celebración das festas de San Lourenzo, que se prolongarán ata o domingo 13. Serán pregoadas por Jesús J. Oroza Vila mañá ás 20 horas na Casa da Cultura. Ademais dos días 21 ao 26 deste mes haberá teatro ao aire libre e entre o 18 e o 20 celebrarase a Feira do Libro.

O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “en plena temporada estival e co pobo ateigado de xente metémonos xa de cheo nas festas patronais do San Lourenzo. Esta semana dende o martes, día 8, e ata o domingo, día 13, haberá actuacións de todo tipo. Os días principais que son o día 9 e o día 10, teremos o día 9 ás orquestras Los Satélites e New York, e o día 10 a Gran Parada, que dará paso ás doce da noite á sesión de fogos artificiais na praia da Rapadoira, que é unha das...

leer más
Etiquetas:
07/08/2017

A décimo novena edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 20 deste mes nas pistas de Marzán. Está organizado polo Foz Club de Tenis e colabora o Concello focense.

O torneo disputarase tanto en individual como en dobres na modalidade absoluto-mixto. A data límite de inscrición é este venres, día 11 de agosto, e agárdase unha participación semellante á do ano pasado.

Foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o directivo do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante.

 

Etiquetas:
03/08/2017

O club de atletismo Ría de Foz organiza este domingo, 6 de agosto, a novena carreira popular Run Foz Run, que conta colaboración do Concello de Foz. A saída será desde o patio do colexio Martínez Otero a partires das 10:00 horas e ás 11:00 dará comezo a proba na categoría absoluta. Na presentación do evento participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

O presidente do club de atletismo Ría de Foz, Manuel Eiras, explicou que “este ano temos establecido que o día 5 haxa unha feira do corredor, a que esperemos que asista bastante xente; é un novo experimento que facemos. Dispoñemos de cinco casetas con varias empresas e diferentes tipos de actividades para esa tarde. O patio do colexio abrirase ás cinco da tarde ata as nove da noite, a xente xa poderá recoller alí os dorsais e excepcionalmente abrimos as inscricións presenciais ese...

leer más
Etiquetas:
02/08/2017

A libraría Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 5 de agosto, a partir das 11:00 horas, a presentación de “Un máis”, o novo álbum ilustrado de Olalla González e Marc Taeger, publicado por KALANDRAKA e dirixido a primeiros lectores.

Trátase dunha historia protagonizada por unha familia de coellos que vai medrar coa chegada dun bebé. O relato céntrase na curiosidade do personaxe principal, un pequeno coello, polo tempo que tardará en nacer o seu irmán ou irmá; unha dúbida que lle traslada de xeito insistente non só á súa nai, senón tamén a outros habitantes do bosque. Mentres, o coelliño imaxina os xogos que poderán compartir xuntos.

 

Etiquetas:
01/08/2017

A sétima edición da Festa Normanda de Foz presentarase este sábado, 5 de agosto, cun evento que se celebrará na zona portuaria focense.

Os actos comezarán ás oito da tarde coa presentación oficial da festa e desfile a cargo de Rosana&Pili na praza Conde de Fontao. A continuación na explanada do porto haberá churrascada con churrasco, pan, chourizos, viño e salsa normanda do IES de Foz. O prezo da ración é de 6 euros. Estará amenizada con música ambiente a cargo dun DJ.