Foz
O cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro.
O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.
O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos,a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, e o Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez, presentaron este martes Merca e Gaña polo Nadal. É a campaña de sensibilización e visibilización cidadáque promove a Deputación a través de todos os colectivos que integran a Federación de Comercio de Lugo, e coa quecolabora o Concello na capital, co obxectivo de promover as compras nos máis de 5.500 establecementos de toda a provincia. Faino con distintos soportes promocionais e premios de ata 10.000 euros para reinvestir nos comercios.
Merca e Gaña polo Nadal desenvolverase dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con material...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz colocará o sábado 16 de decembro o seu Belén de Cumes no pico da Frouxeira.
A saída será o sábado ás 9:00 horas do Concello de Foz.
Esta actividade é gratuíta, está incluído o seguro de accidentes, pero para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 13 de decembro.
As persoas interesadas poden apuntarse a través dos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) e 670 369 017 (Moris).
Os organizadores suxiren aos participantes que leven figuras para facer máis grande o belén.
O Concello de Foz colabora con esta actividade.
O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sortea 1.000 euros en vales de compra entre os clientes que compren do 15 ao 24 de decembro nos 44 establecementos que participan nesta campaña. O colectivo empresarial focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates.
O sorteo dos 1.000 euros en vales de compra (un de 500 euros e cinco de 100 euros) será o día 27 deste mes ás doce do mediodía en directo en Radio Foz. Os 44 establecementos que participan nesta campaña son os seguintes: 8 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Bombonería Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Calzados Pirde Oulet, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Dechocolate con Churros, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos...
leer másA programación cultural de Foz para o vindeiro mes de decembro empeza este sábado, día 2, cun espectáculo infantil na Sala Bahía e dúas representacións de teatro afeccionado, unha en Marzán e a outra en Nois.
O espectáculo infantil titulase Vamos de paseo e é un tributo aos pallasos da tele. Será este sábado ás 12 do mediodía na Sala Bahía e o prezo da entrada é de 7 euros. O mesmo día ás 19:30 horas na antiga báscula de Marzán haberá unha representación do Ciclo de Teatro Afeccionado nas Parroquias. A compañía A Adala, de Fazouro, porá en escena a obra O que hai que ver ao volver. E ás 20:00 horas no centro social A Saira, de Nois, a agrupación Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra A miña muller volveu. Para estas representacións a entrada é gratuíta.
A programación continuará o día 9, sábado, cunha...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta para o sábado 9 de decembro que discorrerá polo coñecido Fuciño do Porco.
A saída será ás 8:00 horas do Concello, o nivel de dificultade do percorrido é medio, e recomendase levar equipo de sendeirismo.
O prezo é 25 euros para os socios federados, 30€ para os socios non federados e 35 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.
É obrigatorio anotarse e o prazo remata o martes 5 de decembro. As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
O Concello de Foz colabora con esta actividade.
A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 2 de decembro, unha visita guiada ao Pazo de Fontao, na parroquia de Santa Cilla en Foz.
Este conxunto está formado por unha ermida, unha construción dedicada a vivenda levantada sobre os restos dunha antiga fortaleza do século XVII, así como unha ampla finca con xardín.
O percorrido vai comprender a visita á Casa do Pazo, concretamente ao salón de retratos onde se conservan imaxes da totalidade dos señores de Fontao desde o século XVII, e ás antigas mazmorras. Tamén se visitará a ermida de Santo André, antiga capela na que están enterrados algúns dos señores de Fontao, e atópanse imaxes relixiosas dunha capela anterior situada na desembocadura do río Ouro. Por último os asistentes coñecerán o xardín novo da finca, regado por máis de sete fontes.
... leer másFoz acollerá os días 28 e 29 deste mes, martes e mércores da vindeira semana, unha campaña gratuíta de imprimación de lúas de vehículos organizada por la delegación local de Seguros Mapfre. Será o martes 28 na zona portuaria focense, concretamente xunto á piscina municipal, e o mércores 29 na avenida de Álvaro Cunqueiro, enfronte ás oficinas de Mapfre Foz.
Todos os interesados, sexan clientes de Mapfre ou non, deben levar o seu coche a eses lugares e expertos de Cristalbox aplicaranlle ao parabrisas a imprimación que repele a choiva polo que permite ter maior visibilidade durante a condución. E ademais realizarán un tratamento con ozono no interior do vehículo para eliminar malos cheiros e bacterias. Todo de maneira totalmente gratuíta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Esta actividade levarase a cabo se as condicións...
leer másO Concello de Foz, a través das delegacións de Servizos Sociais e de Muller, organiza para este sábado, día 25, actividades con motivo do Fair Saturday e do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
A concelleira Mercedes González Alonso anunciou que “o vindeiro sábado, 25 de novembro, únense en Foz o Fair Saturday e o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”.
A edil explicou que “por primeira vez o Concello de Foz únese ao Fair Saturday, un movemento cultural aberto e participativo que se celebra a nivel mundial o último sábado de novembro. Diferentes entidades, artistas, etcétera xúntanse neste proxecto, amosando a importancia da arte e a cultura e cada un deles destina o recadado a un proxecto social que elixen. No caso do Concello de Foz entre as 17:30 e as 19:30 horas...
leer másArredor de 40 locais comerciais de Foz participarán no Black Friday, que organiza o Centro Comercial Aberto durante os días 24 e 25 de novembro.
“As persoas que estes días se acheguen á localidade poderán gozar de grandes descontos nun número importante de tendas. Con esta campaña o que facemos é adiantarnos un pouco ao Nadal e animar así á xente a facer algunhas compras para esas datas aquí en Foz, no comercio da nosa vila”, explican desde a directiva de Acia-CCA de Foz.
Campañazo
Por outra banda, o 24 de novembro (este venres) chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os sorteos terán lugar os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro e destinaranse 300 euros para o...