Foz

Etiquetas:
15/01/2018

O 28 de xaneiro terá lugar o primeiro andareiro do ano, organizado por Sendeiros de Foz. A ruta será por Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal. 

Segundo os organizadores “trátase dunha ruta espectacular por terras de Alfoz, onde veremos unhas xoias que temos por estos lares moi pouco valoradas como a Fraga da Moradoira, a Pena Abaladoira, a Pena das Banzas, a Fervenza Escouridal, todo nas estribacións da Serra do Xistral”.  

A saída será o 28 xaneiro, domingo, ás 8:45h do Concello. O prezo para os socios federados será de 20 euros, para os socios non federados 25 euros e para os non socios 30 euros. Inclúe o xantar.

O derradeiro día para anotarse será o 24 de xaneiro. Pódese facer a través dos seguintes números de teléfono 676 561 594, Nelli – 670 369 017, Morís ou no correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
12/01/2018

As tarxetas para participar na cea de coroación do rei do Entroido de Foz poderán retirarse a partir do vindeiro martes, día 16, desde as nove da mañá na Delegación de Cultura do Concello focense.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “o próximo martes, día 16, ábrese o prazo para retirar as tarxetas para a cea de coroación do rei do Entroido, que se celebrará o día 27 deste mes na Sala Bahía. Poderanse retirar en días sucesivos ata o remate das prazas na Delegación de Cultura por parte dunha persoa responsable da mesa, previo pago das tarxetas. Non se reservarán telefonicamente nin por outro medio. O prezo será o mesmo que os anos anteriores, 25 euros por persoa”.

Ánxel Paleo engadiu que “a cea estará amenizada por Disco Moraima e dende a organización agradecemos que todos os asistentes acudan...

leer más
Etiquetas:
09/01/2018

A Librería Bahía, de Foz, en colaboración co club de lectura de A Pomba do Arco, organizan este xoves 11 de xaneiro, a presentación da última novela de Lionel Rexes, A raíña das velutinas. O acto comezará ás 20:30 horas.

No club de lectura de A Pomba do Arco leron esta novela e agora celebran un coloquio co autor na librería aberto a todo o público.

O escritor alfocés Lionel Rexes recibíu o Premio Lueiro Rey de Novela por esta obra publicada por Xerais en outubro de 2017. A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016. O autor participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar a novela.

 

Etiquetas:
05/01/2018

O Centro Comercial Aberto de Foz repartirá 2.400 euros en premios na nova edición do Campañazo que dará comezo o vindeiro 12 de xaneiro. 

Esta campaña desenvolverase os venres 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro. Cada venres póñense en xogo 300 euros para quen cante o Campañazo e outros 300€ para o resto dos cartóns premiados. Os premios serán vales de compra e o sorteo celebrarase a partir das 23:00 horas.

Os 34 establecementos comerciais participantes neste Campañazo de Foz son: Alain Afflelou, Asesoría Marcos Fernández, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética y Nutrición Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco...

leer más
Etiquetas:
05/01/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza representacións teatrais para o 13 de xaneiro, sábado, en tres localidades do municipio.

En Vilaronte, o grupo Pico do Castro representará a obra A miña muller volveu. Terá lugar ás 19:00 horas no local da asociación cultural O Castro de Vilaronte.

Na parroquia de Nois o grupo de teatro A Adala presentará a obra Ola Doutor. Dará comezo ás 19:00 horas no centro social A Saira.

Tamén ese sábado 13 de xaneiro, en Marzán o grupo O Centiño porá en escena a obra Zume de Amorodos. Será ás 20:00 horas no local da Antiga Báscula.

 

02/01/2018

O Concello de Foz organizará este venres, día 5, a chocolatada posterior á cabalgata dos Reis Magos na Sala Bahía, onde ademais haberá inchables para nenos e nenas. Previamente, desde as sete da tarde, os Reis Magos farán un percorrido que empezará na praia da Rapadoira e levaraos ata a Casa do Concello.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “como todos os anos o próximo día 5 pola tarde teremos a cabalgata de Reis no noso concello. Xa nos chamaron as súas maxestades para que avisemos a todos os rapaces e pais, que non van faltar á cita”.
O rexedor focense engadiu que “no Concello imos esmerarnos para que teñan unhas boas carrozas e que haxa unha boa cabalgata. Faremos a recepción, como se fai sempre, no Concello. Alí estará instalado o belén que organiza o colexio do Pilar e as súas maxestades dirixiranse desde o balcón a...

leer más
Etiquetas:
27/12/2017

O Mercado da Ilusión de Foz, que abriu onte á tarde, ten este ano unha nova situación, na avenida da Mariña. Conta con seis artesáns de Galicia, Asturias e León que se mostran moi satisfeitos pola novo lugar de celebración. Este mercado de Nadal estará aberto ata o 31 de decembro.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou onte que “onte, martes 26, comezou o Mercado de Nadal no concello de Foz, situado este ano na Avenida da Mariña. Son seis artesáns de diferentes puntos do norte: galegos, asturianos e leoneses”.

Javier Castiñeira salienta que “a nova situación é unha novidade para todos, moi preto de onde está ubicada tamén a árbore de Nadal, no centro da avenida da Mariña, na confluencia con Xoan Montes”.

O rexedor subliña que “os artesáns este ano están moi contentos e nos...

leer más
Etiquetas:
19/12/2017

A programación do Concello de Foz para este Nadal inclúe concertos, teatro, danza, a presentación dun libro, unha exposición e as visitas de Papá Noel e dos Reis Magos.

Este xoves, día 21, ás 21 horas na igrexa parroquial de Foz haberá un festival de Nadal a cargo dos conxuntos instrumentais e o coro infantil Peques da Escola de Música focense. Ao día seguinte, o venres 22, ás 20:30 horas e tamén na igrexa parroquial de Foz terá lugar outro festival de Nadal da Escola de Música local, neste caso a cargo dos alumnos de prebanda, coro infantil, coro xuvenil e a orquestra de jazz. Nesa mesma xornada do venres e tamén o sábado 23 haberá unha recollida de cartas dos nenos e nenas para Papá Noel. Para iso os seus elfos estarán na casiña de Papá Noel instalada diante da Casa do Concello de 12:00 a 13:00 horas e tamén percorrerán varias rúas da...

leer más
Etiquetas:
14/12/2017

Foi presentada a segunda edición da Run Foz Run Nadal, que terá lugar o día 24 deste mes. Participaron no acto  Manuel Eiras e Marcos Loureiro, do Club Atletismo Ría de Foz, e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

Na presentación explicaron que “na proba haberá diferentes categorías para que todas as persoas que o desexen poidan participar, desde pícaros ata veteranos C. Tanto a saída como a meta será a Praza Rosalía de Castro e a distancia para a carreira absoluta será de 5 quilómetros. A primeira saída será ás 16:30 horas para a categoría dos/as máis pequenos/as e a absoluta iniciarase ás 17 horas”.

Tamén comentaron que “o ano pasado a participación superou todas as expectativas e agardamos que este ano se sumen máis a esta tarde de deporte con gran ambiente festivo, antes de sentarse á mesa coa familia”.
 ...

leer más
Etiquetas:
14/12/2017

Na Librería Bahía van celebrar o Nadal este domingo, día 17 de decembro, ás doce da mañá cunha sesión de Familias que contan.

“Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada os que nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e aos pícaros máis pequenos”, explicarn desde a Librería Bahía.

Familias que contan é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.