O Concello de Ourol organiza un photocall polo Día da Muller o 7 de marzo

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol invita a toda a veciñanza a participar no acto conmemorativo que terá lugar o día 7 de marzo, venres, no Edificio Multiusos ás 12:15 horas. Este acto consistirá na lectura da Declaración Institucional aprobada pola FEGAMP, baixo o lema Dereitos, Igualdade e Apoderamento. Para todas as mulleres e nenas en toda a súa diversidade, facendo un chamamento á acción para acadar a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as mulleres. Así mesmo estará instalado un photocall para que todas aquelas persoas que o desexen participen sacando unha foto con unha mensaxe pola Igualdade. As fotos iranse subindo ás redes sociais do Concello durante o mes de marzo “co fin de lanzar unha mensaxe de unión e concienciación á poboación en calquera acción que promova valores de igualdade e respecto entre mulleres e homes”.

O Concello de Ourol tamén anuncia: “durante toda esta semana podedes participar na campaña de sensibilización pola igualdade enviando por whatsapp as vosas frases que promovan a igualdade aos teléfonos 677.489.457 ou 608.694.051”.