
O Concello de Cervo conmemora o Día Internacional da Muller con actividades esta fin de semana, sábado día 8 e domingo 9 de marzo.
O sábado haberá unha andaina ás 17:00 horas, seguida dunha demostración de danza oriental na Casa do Mar. As interesadas en participar deben anotarse na Casa da Cultura ou a través do teléfono 982.59.51.57.
Para o domingo está previsto o tradicional xantar ás 15:00 horas no restaurante O Noso Lar, que rematará con baile a cargo do dúo Dilema. Os tickets están dispoñibles no propio local. Ademais ese día tamén se entregarán os premios ás gañadoras do campionato de tute e parchís que se está a xogar xa na Casa do Mar.