Curso
O xoves 29 ás 19:00 horas terá lugar un concerto de cámara, e o venres 30 tamén ás 19:00 horas será o concerto de clausura. Ambos baixo a dirección de Xan Carballal e terán como escenario o salón de actos do Centro Cívico de Xove.
O Curso de Música será impartido polos profesores Nazaret Canosa, Oscar Tomé, Nara Carballal e Saúl Canosa.
Este evento musical está organizado por Prestoxove co patrocinio do Concello de Xove.
O vindeiro luns, día 26, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de baile de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Patricia Otero explica que “todas as persoas interesadas en participar poden achegarse ata a Casa do Concello para anotarse, dado que a inscrición será presencial”. As prazas son limitadas.
A actividade dará comezo o 6 de marzo e rematará o 26 de xuño. O martes é o día elixido para o desenvolvemento desta actividade. As quendas serán as seguintes: de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas.
O baile de salón impartirase na Casa da Cultura.
As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.
Oriente nunca estivo tan cerca, é o que poden pensar se durante esta fin de semana se achegan ao municipio de Cervo, e é que no pabillón municipal de A Veiga poderán observar numerosos practicantes chegados de tódolos recunchos de España para practicar TaiChi. Non é casualidade, a novidade para este municipio ven da man de Miguel A. Rojo e as súas inquedanzas marciais, que grazas ás súas arduas xestións burocráticas e o seu empeño conseguiu que, por primeira vez, un dos descendentes da linaxe directa da familia Chen e Mestre da Chenjiagou Taijiquan School imparta un curso TaiChi en España, e tampouco é casualidade que sexa na localidade de San Ciprián. A recente creación dunha Escola de Artes Marciais, o campionato de Galicia de TaiJitsu e tódalas actividades que tanto Miguel A. coma os seus alumnos traen ao municipio fan que, pouco a pouco, Cervo sexa recoñecido...
leer másA delegación de Cultura, Xuventude e Deporte do Concello de Ourol organiza un curso de baile tradicional galego.
Esta actividade está dirixida a todas as idades e dará comezo no mes de febreiro.
As persoas interesadas deben anotarse antes do 30 de xaneiro, na Casa da Cultura ou chamando ao número de teléfono 982 55 90 19. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.
O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) vai organizar o III Curso de Cestería, impartido unha vez máis por Ramón Vázquez, "Moncho do Carballo", cesteiro da parroquia de San Acisclo do Valadouro.
De novo o lugar de celebración será o local das antigas escolas de Adelán, en Alfoz. Terá lugar todos os martes de 20:00 a 22:00 horas, comezando o 6 de marzo e finalizando o 12 de xuño, de maneira que constará de 14 sesións (non haberá o martes 1 de maio por ser festivo).
Os socios do SEVA interesados en participar neste cursiño deberán abonar 45 euros, mentres que os que non sexan socios do SEVA deberán abonar 55 euros. Para apuntarse ao cursiño poderán facelo chamando ou enviando unha mensaxe ao número 619389997 ou ben enviando unha mensaxe ó correo peinoster@gmail.com. Só...
leer másA asociación cultural Ronqueta organiza o III Curso de Música Tradicional Galega “Monográfico sobre os Ancares”, que se celebrará en Ribadeo os días 20 1 21 de xaneiro do vindeiro ano.
Serán 10 horas de formación as que se impartirán nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza, nas especialidades de gaita, percusión, canto e pandeireta e baile.
Desde a organización explican que “as prazas son limitadas a un mínimo de 10 persoas por especialidade e un máximo de 15 en gaita, máximo de 20-22 en percusión, canto e pandeireta e baile. As prazas serán atendidas pro rigorosa orde de entrega e formalización da cota, que é de 45 euros para o alumnado da EMMeD e de 50 euros para o resto”.
Pepe Vaamonde será o encargado de impartir as clases de gaita; Davide Salvado as de canto e...
leer másO Concello organiza o II Curso para a Formación de Guías Intérprete do Litoral de Ribadeo. Enmárcase dentro das accións do proxecto Entre Arcos e Cantís, no que participan Ribadeo, Burela e Cedeira e ten como obxectivo principal a promoción dun turismo sostible diferenciado, empregando a xeodiversidade do territorio como fío condutor. A inscrición para participar estará aberta ata o 20 de novembro.
A edil Ana Martínez sinala que “se parte da base, de que o noso territorio destaca pola importante biodiversidade que alberga, se ben o interese social e turístico, no caso de Ribadeo, focalízase principalmente no espazo natural da praia das Catedrais e compre romper con esta dinámica e apostar pola valorización de todo o litoral de Ribadeo, transformando á súa vez nunha oportunidade para o aproveitamento socioeconómico compatibilizándoo coa...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza un novo Fin de semana tecnolóxico, que terá lugar este sábado, 4 de novembro. Trátase dun curso de pintura de vehículos que será impartido por Constantino Gómez, técnico responsable de formación continua na empresa Axalta Coating Systems Spain. A esta cita acudirán profesores de automoción chegados desde Avilés, Santiago, Ponteceso, A Guarda, Verín e tamén Ribadeo, e participarán técnicos de empresas de Barreiros e Ribadeo. No curso abordaranse cuestións como os fondos de última xeración, barnices innovadores ou acabados especiais, entre outras.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “nesta ocasión é un curso práctico de pintura de vehículos con seis apartados moi definidos. Por un lado aplicación de fondos de última xeración, bases bicapa, barnices...
leer másA asociación cultural Ronqueta de Ribadeo, en colaboración co Concello de Ribadeo, organiza un curso de Percusión con Instrumentos de Cociña que terá lugar o 28 de outubro.
Este curso desenvolverase na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas, e está dirixido a persoas maiores de 8 anos. O número de prazas é limitado ata 22 persoas, e o prezo é de 45 euros para o alumnado da EMMeD e 50€ para o resto.
Os asistentes deberán acudir con 2 culleres de metal (tamaño sopa), 1 morteiro, 1 tixola con culler e dedal (dedo corazón da man esquerda), 1 tapadeira de cazola e 2 vieiras.
O obxectivo deste curso é ademais de coñecer algunhas das cancións tradicionais máis representativas do país, descubrir as posibilidades sonoras dos...
leer másO Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.
Desde a Concellería de Servizos Sociais subliñan que “xa está aberto o prazo para inscribirse na devandita xornada. As prazas son limitadas a 20 persoas, polo que se anotará ata cubrilas. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais.
E engaden que “a xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso...
leer más