Curso

Etiquetas:
31/05/2016
Un curso de verán da USC abordará o impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. Celebrase do 2 ao 4 de xuño en Humanidades en Lugo, no centro AFundación de Viveiro e na Fundación Ortegalia en Ortigueira.
 
‘O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de La Voz de Ortigueira’ é o título do curso da Universidade de Verán da USC 2016 que comeza o xoves 2 de xuño na Facultade de Humanidades do Campus Terra e no marco do que distintos relatores analizarán e debatirán o cometido que desenvolve a prensa local na actual era da globalización, así como a súa importancia para o desenvolvemento dunha comunidade.
 
Reflexionar sobre a importancia da prensa de proximidade e sobre a contribución que segue a prestar na actual configuración social e política e Galicia, constitúe outro dos cometidos deste foro, que prestará especial atención a dous referentes no xornalismo local e comarcal galego como o son La Voz de...
leer más
Etiquetas:
04/05/2016
O Concello de Mondoñedo organiza, en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta, un obradoiro para a creación de adornos e de traxes medievais. Comezará o 10 de maio.
 
O Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta de Galicia da localidade organizan un obradoiro destinado á aprendizaxe para a creación de adornos e á elaboración de traxes medievais. 
 
A alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que dende a administración local se organiza esta iniciativa coa finalidade de que este ano, coincidindo co 25 aniversario do Mercado Medieval que se celebrará en agosto, un maior número de persoas se vista da época e que todas as vivendas da cidade estean ambientadas.
 
O curso dará comezo o próximo 10 de maio e celebrarase cada martes de 11:00 a 13:00 horas. Dende o Goberno local...
leer más
Etiquetas:
04/05/2016
O 15 de maio remata o prazo de inscrición no curso de manipulador de fitosanitarios que organiza a asociación de veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo.

 

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza un curso para a obtención do carné básico de manipulador de produtos fitosanitarios. O curso homologado é obrigatorio para mercar e aplicar os produtos fitosanitarios. Impartirase os días 30 de maio e 1, 3, 6 e 8 de xuño en horario de 17:00 a 22:30 horas, no local social de Trasbar.

O prazo para anotarse remata o 15 de maio. Para a inscrición poden poñerse en contacto con Mari (687 550 899) ou Arancha (605 158 373).

Etiquetas:
13/04/2016
A Casa da Ría, en Ribadeo, acollerá este sábado, 16 de abril, unha xornada sobre a construción e colocación de trampas para a avespa velutina.
 
O Concello de Ribadeo e a asociación apícola Os Abelleiros organizan unha xornada sobre a construción e colocación de trampas para loitar contra a avespa velutina. Terá lugar na Casa da Ría, que está no monte Santa Cruz, este sábado día 16 ás catro da tarde con entrada libre e gratuíta para todos os interesados.
 
Esta actividade foi presentada hoxe na Casa do Concello ribadense. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “a asociación Os Abelleiros, recentemente constituída en Ribadeo, está espertando un enorme interese e logrando un gran participación en todo o que está promovendo nestes últimos tempos. E agora vamos presentar unha nova iniciativa, que estou convencido de que vai ter moita repercusión tanto no mundo das profesionais...
leer más
Etiquetas:
30/03/2016
Ribadeo será escenario dun curso federativo de monitor de fútbol base. Ofértanse 35 plazas e a inscrición está aberta ata o 1 de abril.
 
Ribadeo acollerá nas vindeiras semanas a celebración dun curso federativo de monitor de fútbol base, que foi presentado esta tarde no Concello polo edil de Deportes, David Rivas, polo director da Escuela Gallega de Entrenadores, Manuel Mosquera, por un representante da directiva da SD Ribadeo, Francisco José Muíña, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 
 
Na súa intervención Manuel Mosquera dixo que “Francisco José Muíña, representante de la directiva de la Sociedade Deportiva Ribadeo, es el creador de la iniciativa. Es el segundo curso de este tipo que se hace en Ribadeo y el anterior, que se celebró hace dos años, fue un éxito porque hubo 28 participantes”.
 
... leer más
Etiquetas:
18/03/2016
Burela será escenario o 20 de marzo dun curso de kick boxing e boxeo, que impartirán Chano e Manolo Planas.
 
Burela acollerá o vindeiro domingo, 20 de marzo, un curso de Kick Boxing e Boxeo, que organizan a Delegación Municipal de Deportes e o Club Kick Boxing da Mariña de Lugo, que ten a súa sede na vila burelesa. 
 
O curso desenvolverase de 16 a 20 horas no pavillón Vista Alegre. Será impartido por Manolo Planas, que foi 5 veces Campión do Mundo, 4 veces Campión de Europa e 5 veces Campión de España; e por Chano Planas, adestrador de grandes campións como Manolo Planas, Dinky, Marta Brañas ou Valery Yanchi.
 
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, sinala que “desde o equipo de goberno apoiamos a todos os deportes e tamén aos minoritarios, como é o...
leer más
Etiquetas:
16/03/2016
Xove será escenario do 21 ao 25 de marzo do XXVI Curso de Música Semana Santa 2016. Ademáis de formación inclúe dous concertos.
 
Do 21 ao 25 de marzo terá lugar en Xove o XXVI Curso de Música Semana Santa 2016, que organiza PrestoXove coa colaboración do Concello e a Área de Cultura de Deputación. 
 
Participarán como profesores invitados: Nazaret Canosa, violín; Angel Leitao, contrabaixo; e Alejando Valcárcel, fagot. O curso está dirixido por Xan Carballal, que compareceu na presentación acompañado polo alcalde xovense, Demetrio Salgueiro, e pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín. 
 
No centro cívico de Xove haberá un concerto de cámara o día 24 ás seis da tarde e o concerto final será o día 25 á mesma hora. 
 
Etiquetas:
11/03/2016
O 14 de marzo dará comezo en Barreiros unha nova edición do curso "Aprende a usar o Smartphone". Pola anterior, que foi un éxito, pasaron 30 persoas.
 
O alcalde, Alfonso Fuente, clausurou nas últimas horas o curso "Aprende a usar o Smartphone", que se impartiu na aula CeMIT de Barreiros ao longo das últimas semanas e ao que acudiron 30 persoas. 
 
Segundo explica o técnico da aula CeMIT barreirense, Manuel Pérez, “os asistentes aprenderon o funcionamento básico dun Smartphone, a facer fotos e vídeos, a conectarse a internet e a descargar e instalar aplicacións para engadirlle máis funcións aos móbiles”. 
 
Esta edición contou coa colaboración da Fundación Vodafone, que cedeu 12 Smartphones para que os asistentes que non tiveran un móbil de última xeración puideran practicar mentres seguían o curso. ...
leer más
Etiquetas:
20/02/2016
A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Ciprián acollerán o 27 de febreiro un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos.
 
A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Ciprián acollerán o día 27 deste mes, sábado, as actividades dun curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos desta especialidade deportiva. Foron presentados na piscina de Lieiro polo concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto Martínez; o presidente do Club de Buceo Costa de Lugo, Julio Vázquez Pérez; e outros membros da entidade. 
 
José Ramón Soto explicou que “a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo e o Concello de Cervo, a través da Delegación de Deportes, impartirán un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos, cuxa convocatoria está aberta a nivel nacional. Recentemente firmouse...
leer más
Etiquetas:
20/02/2016
A Aula CeMIT de Barreiros organiza un curso para aprender a usar o smartphone. Está destinado ás persoas maiores e dará comezo o 29 de febreiro.
 
A aula CeMIT de Barreiros organiza un curso denominado Aprende a usar o Smartphone, para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.
 
A actividade, que comeza o 29 de febreiro na aula CeMIT, contará coa colaboración da Fundación Vodafone, que cederá durante os días de curso diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese para este colectivo.
 
As persoas...
leer más