O Carballiño

Etiquetas:
31/07/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Pulpo, de O Carballiño, evento que está declarado de interese turístico nacional e que celebra a súa 57ª edición o día 11 de agosto, domingo, dedicada a Asturias.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia de viaxe. O prezo é de 25 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.