Autodefensa

Etiquetas:
18/10/2017

O Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. 

Desde a Concellería de Servizos Sociais subliñan que “xa está aberto o prazo para inscribirse na  devandita xornada. As prazas son limitadas a 20 persoas, polo que se anotará ata cubrilas. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais. 

E engaden que “a  xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso...

leer más