Curso

Etiquetas:
08/04/2020

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) pon en marcha un curso online sobre son no automóbil. A actividade será gratuíta e poderá realizarse a través da súa plataforma de formación. As persoas interesadas en realizalo deben anotarse en apagaribadeo@gmail.com. O curso estará listo a vindeira semana. Apaga explorará outras vías para seguir coa súa actividade formativa durante o estado de alarma e nos vindeiros meses.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, cre que “debemos poñernos en marcha e convivir coa situación que hai neste momento. Entón nós, desde a nosa plataforma de formación, creo que podemos axudar a continuar co proxecto formativo e que a xente que de momento está nas casas, e teña algún  interese, conte coa posibilidade de poder facer algún curso a distancia”.

... leer más
Etiquetas:
12/02/2020

Academia A Mariña, de Burela, organiza un curso presencial de corte y peinados, que será impartido por Carlos Bardullas el 2 de marzo de 10 a 14 horas. 

Este profesional además de su calidad extrema en el manejo del cabello, domina la técnica de corte con las dos manos logrando un efecto en el pelo, imposible de conseguir de otra manera.

Carlos Bardullas realizará una formación totalmente práctica, donde los participantes trabajarán las diferentes técnicas de corte y peinados que son tendencia este 2020. Además Academia A Mariña facilitará a todos los participantes material específico para esta formación, cabeza y material didáctico.

Las plazas para asistir a este curso son limitadas. Es necesario inscribirse en Academia A Mariña. El precio por asistencia al mismo es de 135 euros.

... leer más
Etiquetas:
11/11/2019

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de adicción ás novas tecnoloxías, que se celebrará o vindeiro venres, día 15 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas.

A actividade, que se desenvolverá no centro sociocultural de Alfoz, está dirixida ás familias e á poboación en xeral e será impartido por José Luis Castro Feijoo, psicólogo sanitario.

O programa abordará as situacións de risco e sinais de alarma, os factores implicados na adicción ás novas tecnoloxías, a diferenciación entre o uso e as adiccións ás novas tecnoloxías, os hábitos de sono e consumo de substancias así como as pautas para a prevención na familia.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Alfoz ou no número de teléfono 982 558 001.

 

Etiquetas:
21/10/2019

O Concello de Ourol organiza un curso de labores e manualidades.

A actividade dará comezo o día 4 de novembro e terá lugar na Casa da Cultura, en horario de 17:30 a 19:30 horas.

O prazo de inscrición remata o día 28 de outubro e os/as interesad@s poden anotarse no número de teléfono 982 55 90 19. As prazas son limitadas e a actividade está dirixida a persoas de todas as idades.

 

Etiquetas:
14/10/2019

O Concello de Ourol organiza un curso de memoria para maiores.

A actividade dará comezo o día 16 de outubro e terá lugar no Edificio Multiusos, en horario de 11:00 a 12:30 horas. O curso desenvolverase todos os mércores e rematará no mes de xuño.

As persoas en obter máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais, co número de teléfono 982 55 91 09.

 

Etiquetas:
02/10/2019

La asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, anuncia que este sábado, día 5 de octubre, celebrará una reunión previa al comienzo de curso, que tendrá lugar en el Conservatorio de Música a partir de a las 11:30 horas.

En ese encuentro se procederá a la inscripción y formación de los distintos grupos de danza tradicional, gaita y pandereteiras para así iniciar las clases en cada uno de sus apartados dando comienzo al nuevo curso.

La asociación comunica que las personas interesadas pueden realizar cualquier consulta en los números de teléfono 645 439 715 o al 629 807 368.

 

Etiquetas:
23/09/2019

A asociación A Pomba do Arco, de Foz, organiza un curso de gaita e percusión que dará comezo o día 2 de outubro.

A actividade desenvolverase todos os mércores ás 21:30 horas na sala Bahía.

Impartiranse todos os niveis, en música tradicional, de gaita, tamboril, bombo e pandeireta.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 1 de outubro no número de teléfono 645 062 817 ou o día do curso no propio local.

 

Etiquetas:
22/09/2019

Os Concellos do Vicedo e de Mañón e a Xunta de Galicia organizan un Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculado á Ornitoloxía na costa norte de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro.

A actividade é gratuíta e está dirixida a persoas de 18 a 30 anos. As prazas son limitadas.

O venres, 4 de outubro, o curso desenvolverase no Concello do Vicedo. Pola mañá están programadas charlas sobre as paisaxes no norte de Galicia e as súas aves terrestres e mariñas, ademais haberá un paseo ornitolóxico guiado pola costa do Vicedo. Pola tarde terá lugar unha observación de aves desde o cabo de Estaca de Bares.

O sábado, 5 de outubro, a actividade seguirá no Concello de Mañón. Pola mañá celebraranse charlas sobre as migracións das aves e a súa conservación, ademais dun paseo ornitolóxico....

leer más
Etiquetas:
18/09/2019

A delegación de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.

A actividade dará comezo o día 4 de outubro e desenvolverase ata o 29 de maio de 2020, de luns a venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas. Terá lugar no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Información Xuvenil ata o 30 de setembro. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
08/09/2019

O Concello de Trabada organiza un taller de fotografía básica para turismo e deporte ao aire libre.

A actividade terá lugar o día 3 de outubro en horario de 16:30 a 19:30 e será impartido por José Gadea.

O obxectivo deste obradoiro é que os participantes aprendan a sacar o máximo partido ao seu negocio en Internet.

Co fin de facilitar a inscrición das persoas interesadas en participar neste obradoiro, o Concello de Trabada publica o formulario no facebook de Turismo de Trabada.