O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) vai organizar o III Curso de Cestería, impartido unha vez máis por Ramón Vázquez, "Moncho do Carballo", cesteiro da parroquia de San Acisclo do Valadouro.
De novo o lugar de celebración será o local das antigas escolas de Adelán, en Alfoz. Terá lugar todos os martes de 20:00 a 22:00 horas, comezando o 6 de marzo e finalizando o 12 de xuño, de maneira que constará de 14 sesións (non haberá o martes 1 de maio por ser festivo).
Os socios do SEVA interesados en participar neste cursiño deberán abonar 45 euros, mentres que os que non sexan socios do SEVA deberán abonar 55 euros. Para apuntarse ao cursiño poderán facelo chamando ou enviando unha mensaxe ao número 619389997 ou ben enviando unha mensaxe ó correo peinoster@gmail.com. Só se admitirán un máximo de 10 alumnos, polo que, unha vez completado o cupo, non se admitirán máis.