Carne

Etiquetas:
15/08/2024

O 17 de agosto terá lugar en Remourelle a XVII Festa da Carne ao Caldeiro, que organiza a asociación veciñal A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “esta fin de semana, concretamente o sábado 17, celébrase a Festa da Carne ao Caldeiro, coa que Remourelle quere darlle un valor a un produto de proximidade, como é a carne de tenreira galega, un produto de excelencia. E dende logo nosoutros dende o Concello e tamén dende a Xunta, que nos axuda a financiar esta celebración con degustación dun produto que leva moito tempo Remourelle promocionando, como é esa carne selecta de tenreira galega que hai en Remourelle”.

O rexedor cre que “é moi importante resaltar estas celebracións, darlle valor a un produto que detrás del hai moitísimo traballo de moitos...

leer más
Etiquetas:
14/08/2023

O 19 de agosto terá lugar en Remourelle a XVI Festa da Carne ao Caldeiro. O evento foi presentado hoxe. O alcalde, Dani Vega, destacou a posta en valor dun produto de proximidade como é a rubia galega e animou a achegarse a gozar desta cita. 

O rexedor dixo que “no mes de agosto sempre se celebra a Festa da Carne ao Caldeiro. Eu creo que é a demostración de facer ben as cousas. Trátase dunha festa para poñer en valor un produto de proximidade como é a carne de rubia galega”.

Para Dani Vega “Remourelle sabe facer ben as cousas. É un traballo que leva facendo desde hai moito tempo”.

O alcalde ribadense sinalou: “o 19 de agosto queremos convocar a todo o mundo en Remourelle. Eu sempre digo que estas celebracións que queren poñer en valor un produto tamén resaltan un medio de vida e unha...

leer más
Etiquetas:
17/08/2022

Na parroquia ribadense de Remourelle tivo lugar a presentación da XV Festa da Carne ao Caldeiro, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de agosto. O evento está organizado pola asociación de veciños A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Xacobeo 21-22.

O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, subliñou que “dende o Concello colaboramos con esta asociación de veciños de Remourelle e aninamos a gozar deste día en torno a un prato tan recoñecido da nosa gastronomía. A xornada  ademais contará conmúsica e deporte tradicionais como o torneo de bolos”.

Desde a asociación A Madanela explicaron que “apostamos pola tenreira galega de calidade con Indicación Xeográfica Protexida, criada nos nosos propios prados, e queremos continuar a promovela. Ao mesmo tempo, o Dúo Estrellas acompañará a...

leer más
Etiquetas:
28/04/2016
En Cervo a praza do Souto acollerá a X Exaltación da Carne de Porco e Segunda Foliada o vindeiro 7 de maio.
 
As asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, programan para o 7 de maio, sábado, un conxunto de actividades gastronómicas e musicais ao longo de todo o día. A concelleira de Cultura, Dolores García; o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas; o de Fervenza de Sargadelos, Xosé Fernández; e outros membros destas entidades deron a coñecer hoxe o cartel e o programa da décima Festa Exaltación da Carne de Porco e segunda Foliada, que se celebrará na praza do Souto de Cervo.
 
As actividades comezarán ás 12 do mediodía cunha master class infantil de pandeireta e canto e ás 13 horas empezará a sesión vermú. De forma paralela nos bares e restaurantes participantes poderanse...
leer más