Cervo
O Concello de Cervo organiza unha festa infantil, que se celebrará este luns, 24 de febreiro, a partires das 17:30 horas, na carpa instalada na praza dos Campos de San Ciprián.
La Banda de Albert presentará o espectáculo Mickey y Minnie na gran festa de carnaval. Haberá inchables, obradoiros de pintacaras e chocolatada. A entrada será gratuíta.
Ademais a Asociación de Veciños de Lieiro organiza un baile de entroido que terá lugar o venres 28 de febreiro, a partires das 21:30 horas, no local social da asociación.
Haberá chocolatada e actuará o grupo Épo-K. A entrada será libre. O Concello de Cervo colabora con esta actividade.
Tamén a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha festa de entroido, o sábado 29, a partires das 22:30 horas, no pavillón...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Os actos están programados para o sábado 7 de marzo.
Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tickets na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).
Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, a Delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros da corporación municipal, presentaron este pasado martes a programación do Concello para este Entroido xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, Asociación de Veciños de Lieiro, Rebolaxe, Mulleres Rurais As Espalladoras, Asociación Alborada e CIT San Ciprián.
Os actos comezan coa Cena de Comadres organizada pola Asociación Alborada o vindeiro xoves 20 na Terrada O Noso Lar.
O Desfile de Entroido de Cervo terá lugar o domingo 23 de Febreiro. As inscricións estarán a disposición dos participantes de 17h a 18h no pavillón de Cervo, de onde sairá o desfile que será amenizado por unha charanga. Ao remate haberá un espectáculo e a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e...
leer másO alcade de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, asinaron un convenio de colaboración cultural co coordinador de Negocio Institucional en Lugo de ABANCA, Óscar Rodríguez, e a coordinadora institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano, que permitirá á veciñanza de Cervo poder desfrutar da mostra “Auga. O sangue da terra”, obra do monfortino Manuel Valcárcel.
Este proxecto, que pretende concienciar sobre a importancia do uso responsable da auga, poderase visitar desde o día 20 de febreiro, ata o 22 de marzo, na sala de exposicións, en horario de 9:00 a 14:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres.
Para o vindeiro xoves, 20 de febreiro, está prevista a súa inauguración cunha visita guiada.
A exposición itinerante...
leer másA Delegación de Cultura de Cervo programa para este venres, 7 de febreiro, un concerto que ofrecerá a Orquesta de Corda do Conservatorio de Viveiro.
A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, ás 19:30 horas. A entrada será libre.
A formación, integrada por xóvenes músicos, está dirixida por Juan Cabalar.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, que dirixe Denise Galán, convoca o I certame de cartas de amor e desamor, con motivo do Día dos Namorados.
Dirixido a persoas maiores de 16 anos. Cada autor/a poderá presentar ata dúas obras.
As cartas remitiranse en sobre pechado e no remite só figurará o pseudónimo do concursante e a poboación. Dentro dese sobre irá outro pequeño pechado no que irá o pseudónimo e os datos: nome e apelidos, dirección, teléfono e correo electrónico.
O xurado valorará a orixinalidade, a calidade literaria, a estética na composición, a expresión e a coherencia co tema proposto.
Data límite para presentar os traballos o 10 de febreiro, na Casa da Cultura, na Casa do Concello, ou a través do correo...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programa uns obradoiros de técnicas de estudo e de escritura creativa dirixidos ao alumnado de primaria e a ESO.
En concreto, o obradoiro de escritura creativa comezará o 30 de xaneiro, prolongarase durante os meses de febreiro e marzo, e estará impartido pola escritora local Irene Rega Jul. Está dirixido ao alumnado de 4º a 6º de primaria -os xoves en horario de 17:00 a 18:00 horas- e de 1º e 2º da ESO -os xoves en horario de 18:30 a 19:30 horas-.
Pola súa banda, o obradoiro de técnicas de estudo comezará o 3 de febreiro, e prolongarase durante os meses de febreiro, marzo e abril. Está dirixido ao alumnado de 1º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO, e desenvolverase os luns na Casa da Cultura.
O grupo de teatro A Adala Infantil representará en Cervo a obra Que cousas pasan no Camiño.
A actuación terá lugar o domingo, 26 de xaneiro, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo. A entrada é libre.
Esta é a segunda obra que interpretan sobre os escenarios os novísimos actores do grupo de Foz e que presentaron xa hai máis dun ano.
O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 3 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongarase durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
O edil de Deportes, David Rodríguez, anunciou no día de hoxe que a piscina municipal olímpica será a sede do Campionato Galego de Salvamento Deportivo nas categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que se celebrará o 1 e 2 de febreiro; froito dun acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.
Rodríguez mantivo un encontro nas instalacións co director deportivo desta Federación, Daniel Vila, para perfilar todos os detalles do evento deportivo e coñecer as necesidades para o desenvolvemento desta proba que reunirá a 200 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 12 clubs autonómicos.
A competición, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, arrincará o sábado, 1 de febreiro, ás 10:00 horas, e está previsto que remate o domingo 2, sobre as 19:30 horas.
... leer más