Cervo

Etiquetas:
13/06/2019

O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia a partir do próximo 1 de Xullo.

Este programa componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.
Cervo Concilia esténdese durante os meses de Xullo e Agosto de luns a venres, en horario de 09:00h a 14:30h. O programa, de balde, está dirixido ás familias empadroadas no Concello de Cervo.

A delegada de educación, Dolores García Caramés, sinalou que “seguimos apostando por este programa dado os grandes resultados obtidos na primeira edición, e cremos que é fundamental seguir a impulsar este tipo de políticas de conciliación laboral e familiar coas que se...

leer más
Etiquetas:
24/05/2019

O Encoro de Ríocobo acollerá o sábado, 1 de xuño, a segunda regata da novena Liga Provincial, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados polo presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez e do   responsable da sección de piragüismo, Iván González.

En total estímase que serán máis de 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Riocobo, para competir nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín A e B, infantil A e B, cadete, xuvenil, sénior e veterano; todas elas probas mixtas, nas modalidades K1 e C1.

A competición comezará ás 10:30 horas e participarán o Club Fluvial de Lugo, o club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club de Piragüismo...

leer más
22/05/2019

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programa unha nova edición do programa Cervo a carón do voluntariado.

A iniciativa está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos. As persoas inscritas poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán ou as Noites Alternativas, participar activamente nas exposicións de carácter artístico, cultural e relacionadas co medio ambiente; e en actividades de animación e promoción de lectura; entre outras.

O proxecto de Acción Voluntaria abrangue ata o 1 de outubro, e cada voluntario colaborará nos programas un máximo de 60 xornadas de 6 horas diarias.

As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Máis información na Casa da Cultura de San Ciprián (982 59 51 57).

 

16/05/2019

En Cervo e San Ciprián celébranse mañá, 17 de maio, unha serie de actividades con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

A partir das 18:00 horas nas Escolas Vellas, de Cervo, haberá diversos actos en torno á vida e obra de Antón Fraguas, actuarán as cantareiras Cordenaia, o grupo de teatro Calavera presentará a obra O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, e haberá un obradoiro de chocolate para nenos e nenas. Organiza Airiños do Xunco, e colaboran o Concello de Cervo e a asociación cultural Os Aventados.

Ás 20:30 horas na praza dos Campos, de San Ciprián, servirase panceta, chourizo e salchichas á brasa por parte da asociación Rebolaxe. Ás 21:00 horas, actuarán Sete Meigas e un Meigallo, Dambara e Misturos, e ás 22:00 horas, ofrecerá un concerto Timparrandela. Organizan o Concello de Cervo e A...

leer más
Etiquetas:
16/05/2019

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o investigador e profesor da UNED, José María Leal, e o graduado en historia pola USC, Adrián Cao, presentaron este mediodía as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas polo Concello de Cervo en colaboración coa Universidade de Santiago, e que terán lugar o 19 e 20 de xullo, en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Ciprián ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Tal e como explicou Villares, “vemos nesta colaboración unha oportunidade única para poñer en valor todos todo ese rico patrimonio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.

As xornadas contarán coa participación de relatores de primeiro nivel como o Catedrático de Historia das...

leer más
Etiquetas:
08/05/2019

Co obxectivo posto no Xacobeo 2021 o Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, quere impulsar e poñer en valor o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do coñecido como Camiño do Mar, a través do programa que foi bautizado como Cervo no Camiño.

A primeira actuación que se vai levar a cabo para darlle difusión a esta ruta será o vindeiro domingo, 19 de maio, cando se realizará unha camiñada para percorrer este tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.

A segunda actuación será realizar distintos tramos do Camiño de Santiago desde Pedrafita ata Santiago. Xa están concretadas algunhas das datas que aquí vos avanzamos.

AS ETAPAS DO PROGRAMA CERVO NO CAMIÑO

ETAPA 0: SARGADELOS - SAN CIPRIÁN (19-05, 7km)

ETAPA 1: O CEBREIRO- TRIACASTELA (02-06, 21,...

leer más
Etiquetas:
06/05/2019

O Concello de Cervo vén de convocar o IX concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2019”, que foi presentado hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Mali Méndez.

Tal e como explicaron “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico:...

leer más
Etiquetas:
03/05/2019

O Concello de Cervo, en colaboración cos distintos establecementos do Centro de Emprendemento de Sargadelos, programa para o sábado, 4 de maio, unha xornada de portas abertas para dar a coñecer ao público as diferentes actividades postas en marcha no edificio das Antigas Cabalerizas, no que se habilitaron 6 locais e un anexo exterior con cuberta, a disposición daquelas persoas con ideas novidosas que desexasen poñer en marcha os seus proxectos.

Así, desde as 12:00 horas haberá xogos populares, manualidades e globoflexia; ás 12:30 horas actuarán as pandeireteiras de Aririños do Xunco, e ás 13:00 horas o Cuarteto Ardentía.

A día de hoxe xa están en funcionamento o centro equino “Cabaliño de Pao”, o café-bar cultural “A Sacabeira”, o obradoiro de alimentación ecolóxica “A Morena” e o estudo creativo e de arte na pel...

leer más
Etiquetas:
29/04/2019

O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco celebrarán a XI edición da Feira de gando o domingo, 5 de maio, no polígono industrial de Cuíña.

Así o anunciaron o alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente. 

Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuítos para as crianzas sobre cabalos de montura.

Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas...

leer más
Etiquetas:
28/04/2019

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o VI Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Os Maios”. 

As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).

O prazo de presentación dos traballos rematará  día 14 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo. 

O xuradoseleccionará un traballo...

leer más