Cervo

Etiquetas:
22/04/2020

En conmemoración do Día do Libro, que se celebra mañá xoves 23 de Abril, o Concello de Cervo leva a cabo a actividade Relato na Rede, que consiste en crear unha historia colaborativa a través da rede social Facebook.

Durante o día de mañá, a través do Facebook Concello de Cervo // Ayuntamiento de Cervo crearase un relato interactivo que se irá xerando grazas ás achegas de todos/as os/as participantes que se inscriban ata mañá ás 12:00h no correo cervocultura@gmail.com O procedemento será o seguinte:

O Concello facilitará unha introdución no muro de Facebook que estruturará a historia. A partires de aí o relato irá collendo forma a través dos comentarios desa mesma publicación. Eses comentarios estarán escritos con total liberdade polas persoas previamente inscritas que...

leer más
Etiquetas:
16/04/2020

Para participar nesta iniciativa as instruccións son as seguintes: 
1- Descarga o taboleiro do bingo no Facebook do Concello ou no Instagram @cervocultura.
2- Marca as casas de todas as cousas nas que participaches.
3- Comparte o teu taboleiro e etiqueta a tres cervenses para que se sumen ao reto.
A xogar!

 

Etiquetas:
15/04/2020

O Concello de Cervo pon en marcha un taller de memoria a domicilio aberto tanto para as persoas usuarias da actividade como para a veciñanza en xeral, tan e como precisa a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Armada explicou que, por circunstancias que todos coñecemos, tivemos que clausurar as clases presenciais ás que asisten uns corenta veciños e veciñas e que impartimos polas diferentes parroquias, moito antes do previsto –a actividade cesa normalmente durante os meses de verán-.

Co obxectivo de que os usuarios poidan seguir a realizar nos seus fogares esas actividades tan saudables para exercitar a nosa memoria, decidimos poñer en marcha un obradoiro a domicilio que queremos achegar a toda a veciñanza.

Aquelas persoas que desexen recibir o material didáctico no seu domicilio deben...

leer más
Etiquetas:
12/04/2020
Logo da gran resposta que tivo nas redes o concurso #cervoquedanacasa –que xa vai pola terceira edición-, mañá luns retómase con novas propostas para toda a familia través do facebook (https://www.facebook.com/CONCELLO-DE-CERVO-AYUNTAMIENTO-DE-CERVO-3289228... baixo o cancelo #cervoquedanacasa.
 
Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:
1º Facerse seguidor da nosa conta de Facebook
2º O mesmo día do concurso, de 12:00 a 20:00 horas, as persoas que desexen participar deber subir a súa foto ou vídeo etiquetando a páxina do Concello co cancelo #cervoquedanacasa
3º Ás 17:00 horas do día seguinte de cada un dos...
leer más
Etiquetas:
02/04/2020

O Concello de Cervo convoca un concurso de debuxo infantil e xuvenil con motivo da celebración do Día do Libro.

O certame leva por título Debuxo do teu conto favorito e establece tres categorías: Infantil, para idades de 1 a 5-6 anos; Primaria, de 6 a 11-12 anos; e Xuvenil, de 12 a 17 anos.

Os participantes poderán enviar os seus traballos ao correo electrónico cervocultura@gmail.com ou ben ao whatsapp 691 656 600.

O prazo de presentación de obras remata o 12 de abril.

 

Etiquetas:
01/04/2020

O Concello de Cervo, co obxectivo de tentar facerlle á veciñanza o máis levadías posible estas xornadas nas que todos temos que quedar na casa, puxo en marcha diferentes iniciativas lúdico-deportivas a través das redes, que tamén se poden desfrutar en familia.

Entre elas destacan os concursos de instagram e facebook, con diferentes propostas divertidas e que están a xerar gran interese, e tamén as rutinas deportivas que colgan regularmente na páxina de facebook que son impartidas polos monitores das Escolas Deportivas.

Desde o Concello sinalan: “aquí vos deixamos os enlaces a dúas das sesión que compartimos, e que todos poden facer desde as súas casas, porque pensamos que a exercicio é fundamental sempre, pero nestes tempos é imprescindible para poder manter a nosa mente e o noso corpo sans”.

... leer más
Etiquetas:
21/03/2020

Seguen as actividades programadas polo Concello de Cervo para estes días. Hoxe, 21 de marzo, hai concurso Tik Tok; o luns, día 23, de reciclaxe; o 25 de cine e o 27 de música.

O Concello deu a coñecer o gañador do concurso fotográfico do pasado mércores, día 18. Parabéns a @fucervo! Moitas grazas a todos pola participación e recordade que seguimos con máis cousas estes días.

Recorda etiquetar a @cervocultura cando subas as túas propostas a instagram co cancelo #cervoquedanacasa

A túa conta debe ser pública ata o fallo do concurso.

Etiquetas:
18/03/2020
O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de iniciativas para contribuír a facer máis amenas estas xornadas de confinamento á veciñanza.
 
Deste xeito, hoxe mesmo, arrinca o programa de actividades propostas a través das redes sociais municipais (https://www.facebook.com/CONCELLO-DE-CERVO-AYUNTAMIENTO-DE-CERVO-3289228... e o instagram @cervocultura https://instagram.com/cervocultura?igshid=2jerajytcnpu baixo o cancelo #cervoquedanacasa.
 
Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:
1º Facerse seguidor da nosa conta de instagram @...
leer más
Etiquetas:
27/02/2020

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e os membros do Club Medela, Abel Ordás e Víctor Riera.

A proba, de dificultade media-alta, será de 28 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 5 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.
Villares e Rodríguez quixeron agradecerlles unha vez máis aos integrantes da asociación o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso municipio un marco excepcional para a práctica deste deporte”. Esta proba á que cada ano asisten máis de...

leer más
Etiquetas:
26/02/2020

No Día de Rosalía o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, anunciou que ofrecerá unha obra de teatro dedicada á escritora, o 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller

"Rosalía" é moito máis que un achegamento teatral á súa vida e á súa obra. É un espectáculo necesario.

Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.

Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia...

leer más