Cervo
O Concello de Cervo anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais Infantís. A tempada dará comezo o día 2 de novembro e as fichas de inscrición facilitaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
Ofertaranse prazas nas modalidades de Ximnasia Rítmica, Multideporte e Patinaxe. A ximnasia rítmica terá lugar os luns, en horario de 16:00 a 17:00, na Casa do Mar de San Ciprián.
A actividade de multideporte desenvolverase os martes, no pavillón A Veiga de San Ciprián, de 17:00 a 18:00 horas, con fútbol sala, baloncesto, skate, MTB, padel e tenis.
A patinaxe artística será no pavillón do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián, os mércores de 16:30 a 19:30 horas.
O Concello de Cervo advirte que, por motivos de seguridade, o aforo das clases será...
leer másUn ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá "1m2 polas praias e os mares".
Trátase dun proxecto que se desenvolverá en ata 115 puntos costeiros e fondos mariños entre o 26 de setembro e o 4 de outubro co obxectivo de obter datos sobre a "basuraleza" que inunda a costa española.
O proxecto Libera chega a Cervo o 1 de outubro ás 17:00 horas. O punto de encontró será na praia da Caosa, onde dará comezo unha limpeza das praias ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. A actuación será tamén no areal de Portelo.
Subministrarase no punto de encontro todo o material...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes que dirixe David Rodríguez, xa ten todo disposto para o inicio da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos que arrincarán o vindeiro xoves, 1 de outubro, cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.
Tal e como explica Rodríguez “delimitamos parcelas individuais tanto no Ecomuseo en Cervo como na Cada do Mar en San Ciprián, para garantir a distancia de seguridade á hora de facer cada actividade; e establecemos puntos de desinfección en cada unha das aulas nas que impartiremos ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, actividades coordinadas por Belinda Fra, co apoio do seu equipo de monitores profesionais”.
Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegacións de Medio Ambiente e de Ecoloxía, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, cuxo eixo principal serán as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero tamén haberá charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras.
Logo dunha xornada inicial de proba e toma de contacto que tivo lugar dias atrás para identificar as diferentes zonas nas que se irá actuando, este próximo xoves, 24 de setembro, terá lugar a primeira acción comunitaria aberta ao público. Trátase dun voluntariado de recollida de residuos de dúas horas de duración –entre as 12:00 e as 14:00 horas-; e o punto de encontro será o IES Marqués de Sargadelos.
A fin de ter un control do aforo...
leer másO Concello de Cervo ten aberto o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.
O edil de Deportes, David Rodríguez, en coordinación coa persoa encargada de impartir as sesións, Belinda Fra, deseñou un protocolo para afrontar este novo curso de carácter excepcional “que arrincaremos o 1 de outubro con ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba”; tanto no Ecomuseo de Cervo como na Casa da Cultura en San Ciprián.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación; tamén se poden descargar no seguinte enlace:...
leer másA Piscina Olímpica Municipal de Cervo reabre as súas instalacións mañá martes, 15 de setembro.
A reserva de praza é obrigatoria e debe facerse, por vía telefónica, a través do número 982 59 45 12. Só se aceptarán reservas con tres días máximo de antelación sobre a data desexada para facer uso do servizo.
O horario será de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas; e os sábados, de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas. Haberá catro quendas polas mañás e outras catro polas tardes; e os sábados, tres quendas pola mañá e dúas pola tarde.
O aforo máximo é de 24 persoas por franxa, que serán dunha hora e vintecinco minutos para favorecer a seguridade no momento do relevo. A máscara será obrigatoria sempre e en toda a instalación, salvo no momento do baño ou cando se...
leer másO Concello de Cervo reabrirá a piscina olímpica municipal o martes, 15 de setembro, tal e como anunciou o edil de Deportes, David Rodríguez, logo de manter un novo encontro co persoal municipal das instalacións para perfilar os protocolos que xa foron definindo durante este tempo, en materia de prevención do COVID-19.
Neste sentido, tal e como avanzou Rodríguez, desde esa data estarán dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre previo reserva vía telefónica” a través do 982594512; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.
O edil explica que neste tempo xa fomos definindo os protocolos de actuación que iremos pormenorizando en datas próximas, así como os horarios nos que as persoas usuarias poderán desfrutar destas instalacións, que “...
leer másQue mellor lugar que a contorna da Carpintería de Ribeira de Paco Fra, para albergar esta mostra bautizada como “O Patrimonio Marítimo de Galicia”, de Dionísio Pereira, producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
13 paneis que te convidamos a descubrir estes días a través dos que poderás mergullarte na nosa historia e no noso patrimonio, tradicionalmente tan vencellado ao mar.
Descrición:
Ao longo dos tempos, en todo o litoral de Galicia téñense desenvolvido actividades, oficios e modos de vida vencellados ao mar. Para pescar, transportar e, logo conservar, foi preciso construír barcos e despois portos para protexelos, así como edificios axeitados para transformar o peixe. Tamén, houbo que concebir aparellos, útiles de traballo e técnicas singulares, axeitados a cada costa e ás...
A Casa da Cultura de San Ciprián, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, acolle ata o vindeiro 4 de setembro unha mostra que leva por título Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
A exposición itinerante, formada por 19 paneis, está producida polo CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.
Tal e como explicou Méndez, con esta mostra o que pretendemos é facer un chamamento á reflexión e promover e estimular no visitante comportamentos comprometidos co...
leer más