Cervo

06/02/2021

O Concello de Cervo ofrece actividades por vía telemática para o alumnado das escolas deportivas municipais, tanto as infantís como as de adultos.

O concelleiro de Deportes, David Rodríguez, anuncia que ante as novas medidas de prevención fronte ao COVID-19, que tan só permiten a realización de deporte individual ao aire libre e sempre usando máscara, permanecen pechados/as: a piscina municipal (salvo no caso excepcional do alumnado do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, cuxa formación práctica require do uso desta instalación), o ximnasio municipal e o Complexo Deportivo da Veiga.

Nas escolas deportivas infantís quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofertaranse actividades dirixidas por vía telemática para que os pequenos poidan seguir facendo exercicio desde a casa. E no caso...

leer más
04/01/2021

As súas Maxestades de Oriente, como non podería ser doutro xeito, non faltarán este ano á súa tradicional cita cos pequenos de Cervo. 

Estarán mañá, 5 de xaneiro, na Casa da Cultura en San Ciprián de 16:00 a 19:00 horas, e no salón de actos da Casa do Concello, a partir das 19:30 horas, onde tamén haberá unha actuación infantil da man da asociación Airiños do Xunco. 

A recepción dos Reis Magos realizarase por quendas e baixo un estrito protocolo de seguridade e hixiene.

Etiquetas:
17/12/2020

O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións do municipio, programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas para todo tipo de público, que foi presentada esta mañá polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por membros das asociacións Airiños do Xunco e Fervenza de Sargadelos, así como da organización do II Mercado de Nadal de Sargadelos, que se celebrará xa este sábado, 19 de decembro, entre as 12:00 e as 20:00 horas na Sala de Exposicións de Sargadelos. A iniciativa está promovida por Serea Sufboards, Pasiños na Lúa e Marmeladas A Morena, coa colaboración do Concello de Cervo.

O 21 de decembro será a inauguración da exposición das postais de Nadal que participaron no concurso programado cada ano pola delegación de Cultura, e tamén...

leer más
Etiquetas:
11/12/2020

O Concello de Cervo acollerá a última carreira do Campionato Galego de Rallys, que terá lugar este vindeiro sábado, 12 de decembro; e que decidirá o título.

O II Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, e que conta coa colaboración do Concello de Cervo; discorrerá por un tramo de 10 quilómetros no noso termo municipal; a saída será desde diante da fábrica de Sargadelos e a meta na zona do Castelo. Os pilotos farán tres pasadas por este traxecto: unha ás 9:54 horas, outra ás 14:08 horas e a derradeira e que pechará o campionato, ás 18:22 horas.

Por motivos de seguridade, para poder seguir a carreira como público desde os diferentes puntos habilitados é OBRIGATORIO rexistrarse na páxina https://rallyemarina.wordpress.com/resixtro-covid...

leer más
Etiquetas:
10/12/2020

O Concello de Cervo organiza, este ano debido ao covid, o seu tradicional belén de plastilina coas figuras realizadas na casa polos nenos e nenas que desexen colaborar.

As persoas interesadas poderán entregar a súa figura, antes do 18 de decembro, na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo.

O Concello anima a todos/as a participar e encargarase de compoñer un belén composto por todas esas pezas entregadas polos/as participantes, cuxa autoría quedará correspondente identificada no resultado final.

Este belén poderá verse na Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro.

Etiquetas:
03/12/2020

O Concello de Cervo, en colaboración con Pasiños na Lúas, organiza a actividade titulada Dorso saudable e sen dor, que se desenvolverá o vindeiro luns, 7 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

O obxectivo é aprender a coidar o noso dorso, está dirixido a todos os públicos e é gratuíto.

As persoas interesadas poden anotarse por whatsapp no 678 11 06 41.

O aforo será limitado.

 

Etiquetas:
20/11/2020

Augas Abisais, o novo filme do director xovense Xacio Baño, estréase na 58 edición do prestixioso Festival Internacional de Cinema de Xixón
Contou co apoio do Concello para rodar en Xove e poderá verse por primeira vez a nivel nacional o 23 de novembro ao abeiro do festival nunha plataforma dixital por mor do COVID

O filme está gravado na súa maior parte en Xove, na casa familiar do cineasta antes da pandemia e contou tamén coa participación de empresas da zona coma Evox Vertical para a realización de planos de grúa.

Estrouse internacionalmente en Shefflield Doc/FEst, Inglaterra, a semana pasada e a súa premiere nacional será no Festival Internacional de Cinema de Xixón, dentro da sección oficial de curtametraxes. Este é unha das citas máis prestixiosas do circuito nacional de cinema e competirá con 15 obras...

leer más
Etiquetas:
16/11/2020

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXI edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

O prazo de recepción remata o 30 de novembro. E o fallo do xurado farase...

leer más
Etiquetas:
29/10/2020

O Concello de Cervo organiza dous concursos, un de Narrativa e Debuxo e outro de Instagram, por mor do Samaín.

No concurso de Narrativa e Debuxo poden participar nen@s e xoves con idades entre 3 e 15 anos. Na modalidade de debuxo haberá dous apartados, para idades de 3 a 6 anos e de 7 a 8 anos. Na modalidade de Narrativa a idade dos participantes deberá ser entre 9 e 15 anos. O prazo de presentación dos traballos remata o día 31 de outubro e terán que enviarse a cervocultura@gmail.com. Haberá un agasallo para cada participante.

No concurso de Instagram poden participar maiores de 16 de anos e o prazo de presentación está aberto ata o 1 de novembro. As publicacións, compartidas co hashtag #samaincervo, deberán enviarse a ...

leer más
Etiquetas:
26/10/2020

O Encoro de Ríocobo acollerá o vindeiro sábado, 31 de outubro, a  derradeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo do Club, Iván González e o adestrador do Club Sergio Álvarez, presentaron a proba que arrincará ás 15:30 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.

O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1;
e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 13 palistas; e...

leer más