Cervo

Etiquetas:
15/01/2020

A parroquia de Rúa celebrará a súa tradicional Festa da Candelaria o venres 31 de xaneiro, e o 1 e 2 de febreiro.

A cita foi presentada polo edil de Turismo, David Rodríguez, a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros da comisión de festas, Alexis e Antonio Villarquide.

Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolongará durante esa fin de semana cun programa repleto de actos que debullamos a continuación:  

O venres, 31 de xaneiro, haberá verbena coas orquestras Los Satélites e Trébol.

O sábado, día 1, ás 13:00 horas, celebrarase unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión. A continuación, haberá sesión vermú con La Favorita, que...

leer más
04/01/2020

Os Reis Magos sairán este domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, e logo recibirán aos pequenos na Casa da Cultura.

Os Magos de Oriente ás 19:00 horas partirán das Escolas Vellas de Cervo. 

E a continuación o grupo de teatro O Bordelo presentará a súa nova obra: "Conquistando ilusións" no salón de actos do Concello. Será a partires das 20:30 horas. 

Etiquetas:
22/12/2019

O Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.

Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos,...

leer más
Etiquetas:
20/12/2019

O próximo 24 de decembro a A.C.R Fervenza de Sargadelos organiza, como é habitual, a Noiteboa Infantil nas Antigas Escolas de Cervo. 

As actividades comezarán ás 16 horas coa ludoteca de xogos de madeira, educativos e orixinais para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes. Despois, nesta ocasión, a Asociación apostou por Mamá Cabra, un dos grupos pioneiros da música infantil galega, que interpretará, por volta das 18 horas, grandes éxitos das súas publicacións, ben como panxoliñas extraídas do seu libro "Xa me tardan estes magos". 

Nada máis rematar o espectáculo, haberá chocolatada para todas as persoas asistentes e, ás 19:30, Papá Noel recibirá a todas as crianzas. Por último, realizaránse os sorteos dunha cea para dúas persoas, unha cesta e un lote de viños nos locais O Caseto...

leer más
Etiquetas:
19/12/2019

O Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo edil de Turismo, David Rodríguez, pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo, Amigos da Troula, Mariña Patrimonio, asociación de Mulleres Rurais As Espalladores e a asociación de veciños de San Román-.

Mañá venres, 20 de decembro, recibiremos pola mañá a visita anticipada de Papá Noel que se achegará aos colexios e á Escola Infantil da man da delegación de Cultura, e pola tarde o apalpador estará no Pavillón de San Román, a...

leer más
Etiquetas:
11/12/2019

Este sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.

Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.

Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.

O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
22/11/2019

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

O prazo de recepción remata o 29 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 3 de...

leer más
Etiquetas:
12/11/2019

A vindeira fin de semana o pavillón da parroquia de San Román acollerá dúas representacións teatrais.

O sábado, 16 de novembro, ás 18:00 horas o Grupo de Teatro O Bordelo ofrecerá "Toluras de Proveito", autoría de Paco Piñeiro.

E O domingo, 17 de novembro, á mesma hora será o Grupo de Teatro O Torques o que actuará en San Román coa obra "Cena de Familia".

Etiquetas:
07/11/2019

Este mediodía, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa directora da Carreira, Maite Vilanova, para perfilar os detalles deste I Rally da Mariña, organizado pola escudaría Mix Rally, coa colaboración do Concello de Cervo.

Villares explicou que “apostamos por traer este evento deportivo ao noso municipio porque somos conscientes de que hai moita afección ao mundo do motor na nosa zona, pero tamén porque vimos nel un importante escaparate para dar a coñecer os atractivos do noso municipio, que son moitos”.

O tramo que transcorrerá polo Concello de Cervo é de 10 quilómetros. A saída está prevista desde Sargadelos (diante daa Fábrica) e a meta será na zona do Castelo.  Os pilotos –agárdase que participen sobre unha decena da Mariña- farán tres pasadas por este...

leer más
Etiquetas:
25/10/2019

A ACR Fervenza de Sargadelos organiza unha festa de Samaín que se celebrará o día 31 de outubro nas Escolas Vellas de Cervo.

O programa comezará ás 18:45 horas co espectáculo O Espantamedos. Ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas será o concurso de disfraces e cabazas, no que os premios serán dous almorzos ou merendas saudables N´A Morena.

A xornada rematará ás 21:00 horas coa estantiga das ánimas desde as Escolas Vellas ata a praza do Souto.

O Concello de Cervo colabora coa organización destas actividades.